Hai un mes Rajoy non era partidario do dobre pagamento na sanidade
Fálase
Un xulgado de Madrid pon en dúbida a constitucionalidade da reforma laboral. O Xulgado do Social número 30 elevou unha cuestión de inconstitucionalidade ao Tribunal Constitucional ao considerar qeu a norma pode vulnerar algúns aspectos da Carta Magna en relación ao despido.
O xuíz arquiva a investigación a Jaime de Marichalar polo accidente do neto do Rei. Felipe Juan Froilán, de 13 anos, disparouse nun pé ao estar a manipular unha arma. Na Cadena SER.
Este xoves está convocada unha folga estudantil no ensino medio, para "paras os ataques contra o galego". Convocan A Mesa, Comités, Liga Estudantil Galega e Sindicato de Estudantes e apoia Esquerda Unida.
A morosidade do sistema financeiro supera o 8% en febreiro, o nivel máis alto desde outubro de 1994. Supón un aumento respecto a xaneiro (7,91%) e un incremento de case dous puntos se se compara con hai un ano.
Repsol prorroga as caídas na Bolsa. Logo de deixarse onte un 6%, as accións da petroleira ceden hoxe un 2,19%, até os 16,06 euros, o seu nivel máis baixo desde xullo de 2010.
O xuíz encargado do caso Urdangarín admite no sumario os correos electrónicos que vinculan ao rei Juan Carlos e á infanta Cristina.
O xuíz encargado do caso Urdangarín admite no sumario os correos electrónicos que vinculan ao rei Juan Carlos e á infanta Cristina.
O AGADIC prioriza os festivais consolidados nas súas axudas, un 360 mil euros que se repartirán entre eventos musicais e de artes escénicas, que deben levar dúas edicións en activo e ter un orzamento mínimo de 50 mil euros.
O Goberno de Rajoy mantén o número de coches oficiais, 864 fronte aos 866 do pasado ano.