Detido un mozo coruñés de 21 anos polo acoitelamento mortal dun rapaz na Coruña a pasada fin de semana, segundo vén de informar a Delegación do Goberno en Galicia.
Fálase
O BOE publica a modificación lexislativa que desbloquean os parques eólicos que subministrarán enerxía á planta de Alcoa en San Cibrao, tal e como adiantara o pasado martes o candidato do PSdeG á presidencia das Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.
A galega Susana Rodríguez, Premio Nacional do Deporte. A triatleta viguesa foi galardoada como mellor deportista do ano 2022, ao igual que o tenista Carlos Alcaraz.
O Goberno de España manterá a gratuidade dos trens de proximidade e media distancia e as subvencións para o transporte público por estrada durante todo 2024. O Consello de Ministros dará luz verde ao novo escudo social este mércores. Máis información, hoxe en Praza.gal.
O PSdeG pide a Rueda que cese o concelleiro do PP de Cangas que levantou a man a unha edil socialista pero o presidente da Xunta só ve unha interpretación "claramente interesada" do altercado e di "non ver" agresión ningunha. O goberno de Cangas pediu tamén a dimisión de José Luis Gestido.
No Día de Nadal, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Boas festas de parte da redacción de Praza e de todo o equipo da Fundación Praza Pública.
Deixamos moito para lerdes e o martes estamos de volta!A portavoz do Goberno central e ministra de Educación, Pilar Alegría, pide a dimisión do concelleiro do PP de Cangas José Luis Gestido, que ameazou coa man erguida unha edil socialista. "Ten que dimitir. As agresións físicas non poden consentirse xamais", di a voceira do Executivo de España.
VÍDEO | O PSdeG denuncia a agresión dun concelleiro do PP á portavoz socialista no pleno do Concello de Cangas. O partido pide a Alfonso Rueda a dimisión do edil implicado na "intolerable agresión física e verbal" a Iria Malvido.
Falece unha persoa nunha liorta no centro da Coruña. O corpo, presuntamente con feridas de arma branca, apareceu tendido na rúa Sinfónica de Galicia, na zona céntrica da cidade. Imaxe: TVG
O vídeo de Nadal do PPdeG sitúa Alfonso Rueda ao volante dun autobús e reivindica o "me gusta la fruta" eufemismo popularizado por Isabel Díaz Ayuso, que ironizou con ese lema logo de insultar o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.