A alcaldesa de Lugo sométese este mércores a unha cuestión de confianza ligada aos Orzamentos de 2018. De non ser aprobada, abriríase un prazo dun mes para a presentación dunha eventual moción de censura e, se non fose rexistrada, as contas quedarían aprobadas. O PP di estar disposto a "calquera negociación" para tombar o goberno de Lara Méndez, aínda que para a operación sería imprescindible algún voto das forzas de esquerda.
