Ao redor de 300 afectados polas preferentes maniféstanse nestes momentos polas rúas de Pontevedra, e concéntranse fronte á sede da Deputación. Na marcha participan sete alcaldes e concelleiros de varias localidades, entre eles o propio rexedor da cidade pontevedresa, o nacionalista Fernández Lores. Os edis entraron na Deputación para manter un encontro con Rafael Louzán.