Pachi Vázquez e Gómez Besteiro proporán a Manel Vázquez como presidente do Congreso do PSdeG. Ofrécenlle o posto ao rival de Besteiro nas primarias "polo seu compromiso" co partido.
Fálase
Un erro nos chats de Google, como Hangout, Gtalk ou o propio chat do Gmail, está a provocar que as conversas cheguen a usuarios aos que non van destinadas. Descríbeo Genbeta
Tony Lomba foi un dos protagonistas da xornada de onte no Festival de Cinema de Donostia. Vestido coma o rei Juan Carlos, saudou o público do festival ao berro de "vascongadas, vuestro rey está aquí", acompañando o anuncio do novo filme de Juanma Bajo Ulloa, Rey Gitano.
Traballadores de Navantia volven saír á rúa para exixir carga de traballo. Os operarios decidían hoxe o vindeiro calendario de mobilizacións. Imaxe de @AlvaroSeco.
O Goberno central defende denominar "generalísimo" ao ditador Francisco Franco porque, ao seu xuízo, responde á "bagaxe cultural". Cóntao Público.es
Francisco Aréchaga, novo director xeral de Mineira de Corcoesto, dimite como presidente da Cámara Mineira. As plataformas contrarias ao proxecto solicitaran a súa marcha á fronte da patronal.
Afectados polas preferentes de toda Galicia manifestaranse o vindeiro 5 de outubro en Lugo, no día de San Froilán.
Ferrol pemitirá o acceso dos cans a unha das praias do concello durante todo o ano. O Concello promete que "non será unha cala", senón un "areal principal".
O Congreso debaterá este xoves declarar BIC as corridas de touros, a partir dunha iniciativa cidadá apoiada por PP e UPyD. IU pide en cambio que se prohiba que este espectáculo de maltrato animal reciba subvencións. Máis de 140 científicos de 18 países pídenlle ao Congreso que impida a entrada de menores e relacionan a tauromaquia coa violencia de xénero.
El Confidencial analiza a xestión do cinema francés dende as institucións e como foi quen posicionarse mellor ante a crise, forzando unha redución do seu IVE do 7% ao 5% o ano que vén.