Familia, amizades e compañeiros do xornalista Nacho Mirás despídeno cun emotivo acto de música e palabra en Santiago. Recólleo La Voz de Galicia, xornal no que desenvolveu a súa traxectoria profesional.
Fálase
O BOE publica hoxe a reforma do Tribunal Constitucional promovida polo PP en solitario, que entra en vigor hoxe mesmo. A modificación, concibida para poder sancionar o president catalán, permite executar sancións sen sequera escoitar previamente as partes afectadas.
Barcelona en Comú promoverá unha candidatura para as xerais na que non desbota a participación de Podemos, pero con grupo parlamentario propio. Cóntao Catalunya Plural
Pedro Sánchez expresa a súa esperanza de que Besteiro sexa candidato á Xunta. Nunha entrevista en eldiario.es o líder do PSOE destaca que o secretario xeral do PSdeG foi imputado por unha decisión urbanística "de hai 10 anos" e que "xa presentou toda a documentación". Aquí, a entrevista íntegra.
O Ministerio de Educación prepara un título de 'banderillero' para ofertalle a alumnado que non remate a ESO, segundo avanza El Periódico de Catalunya
A Comisión de Listas do PSOE aproba as cabezas de lista do PSdeG para as xerais mudando a de Ourense, posto que inicialmente ía ser para a xa deputada Laura Seara. A proposta, sinalan os socialistas, é que as candidaturas estean encabezadas por Pilar Cancela (A Coruña), Margarita Pérez Herráiz (Lugo), Dolores Galovart (Pontevedra) e Rocío de Frutos (Ourense). O Comité Federal deste sábado, ao que asiste Besteiro, terá que ratificar a proposta.
O Concello da Coruña informa da chegada da primeira familia refuxiada que se inclúe no proceso para ser "Cidade Refuxio".
Cuac FM esixe o cumprimento da Lei Xeral de Telecomunicacións, en resposta ás "manobras do goberno contra os medios comunitarios". Un informe interno do Ministerio de Industria, ao que tivo acceso El Diario.es, revela manobras para eliminar estas televisións e radios, aínda que se opoñan "partidos de extrema esquerda". Cuac lembra que o Goberno leva catro anos incumprindo a lei, que o obriga a concederlles licenzas de emisión aos medios comunitarios.
Monumentos e edificios de nove concellos galegos (Carnota, Compostela, A Coruña, Carballo, Ferrol, Fisterra, Lugo, Pontevedra e Vimianzo) iluminaranse de cor verde este venres pola noite en apoio da declaración do Monte Pindo coma Parque Natural. Unha reivindicación que este sábado celebrará o seu quinto aniversario.
O Goberno aproba a adxudicación de seis novas canles TDT, entre elas unha ao Real Madrid e outra a 13 TV. Atresmedia e Mediaset tamén reciben novas licenzas, malia as críticas sobre o risco de "abuso de posición dominante".