As traballadoras de Cleanet levan as súas protestas ás portas do Ministerio de Defensa. Levan sen cobrar dende o pasado mes de agosto e esixen que a súa situación se resolva xa, antes do 19 de marzo en que finaliza a concesión outorgada a esta empresa, que recibiu 12 millóns de euros para encargarse da limpeza das instalacións militares
Fálase
Catro meses despois de asinar un millonario concerto co Sergas, polo que ingresará ao redor de 72 millóns de euros anuais, Povisa emprende un ERE extintivo. O hospital privado vigués aínda non revelou a cantos postos de traballo afectará.
Esta noite faleceu o xornalista e escritor José Luis Álvite, colaborador de Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Opinión, Onda Cero ou Radio Nacional. Tiña 65 anos e sufría un cancro.
Cangas acollerá este venres un acto das Marchas da Dignidade previo á asemblea estatal que se celebrará o sábado. A partir das 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello e presentado por Mónica Caamaño, participarán representantes de CUT, SAT, CGT, Fronte Cívica, e outras persoas, coma o escritor Pepe Cáccamo.
O Foro Económico de Galicia difunde un documento con 50 medidas para revitalizar o tecido produtivo galego sen custe para as arcas públicas. Alertan de que o emprego perdido en Galicia durante a crise non se recuperará, acando menos, ata a vindeira década.
O fiscal pide procesar a Pachi Vázquez por prevaricación continuada sendo alcalde do Carballiño. Ve "relevantes e significativos" indicios de delito por uns trinta presuntos enchufes.
Xa se coñecen os filmes nomeados aos premios Oscar, que se entregarán o vindeiro 22 de febreiro. Birdman e O gran hotel Budapest suman nove candidaturas cada unha
O xuíz arquiva a querela contra o humorista Facu Díaz despois de escoitar a súa declaración. O presidente de Dignidad y Justicia pediu desculpas pola interpretación política que os medios lle deron á denuncia.
Facenda cre que o PP pagou a sede de Bilbao con fondos para protexer de ETA os seus concelleiros vascos.
Os traballadores de Zara en Nova York rebélanse polas condicións de traballo. A compañía cede e promete melloras salariais e máis contratos a xornada completa.