O Concello da Coruña deturpa o topónimo de Vilalba na súa campaña publicitaria de Nadal, á que o goberno de Carlos Negreira lle pon o título Coruñavidad (foto: Águeda Rey)

O Concello da Coruña deturpa o topónimo de Vilalba na súa campaña publicitaria de Nadal, á que o goberno de Carlos Negreira lle pon o título Coruñavidad (foto: Águeda Rey)
O PP distribúe a través das redes sociais a súa hipotese do que "sería España este ano cun goberno do PSOE", un documento no que asegura que Rajoy "subiu as pensións" ou aplicou "máis política social"
A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística recompila nun vídeo a súa exitosa actividade Gústame o galego, desenvolvida no Culturgal
O xefe do Centro Nacional de Salvamento, Pedro Luis Sánchez, admite no xuizo do Prestige que o barco puido entrar "nalguna ría". En canto á posibilidade de levalo ao Porto da Coruña, sinalou que era "o máis fácil e efectivo", pero que non podía "entrar" polas "limitacións de calado". Porén, recoñeceu que durante a súa traxectoria profesional o fixo con petroleiros semellantes.
A esta hora comparece nos xulgados de Lugo a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca Domínguez (PP). Está a declarar en calidade de imputada no caso Pokémon.
#consellodaxunta Feijóo asegura que os funcionarios "cobrarán máis de forma efectiva en 2013 do que cobraron en 2012", sen ofrecer máis aclaracións e sen desmentir a cifra do 7% de recorte de salario coñecida hoxe. Di que "non verán diminuído os seus salarios sobre o que percibiron en 2012", "imos repoñer parte da paga extra que deixaron de percibir", engade.
#consellodaxunta Feijóo acusa a oposición de "apropiarse da dor" dos afectados polas preferentes, aos que insta a "non esquecer onde están os seus aliados", en referencia á Xunta. O presidente da Xunta cre "gravísimos" os incidentes acontecidos onte no Parlamento.
O paro entre os xornalistas multiplícase por quince en Galicia. Cóntao Galicia Confidencial
#consellodaxunta O Consello inicia a tramitación da Lei de Estradas
#consellodaxunta O Goberno nomea a Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración, ata agora era deputado e voceiro do PP. Susana López Abella volve ser secretaria xeral de Igualdadade. Margarita Prado é nomeada directora de Recursos Humanos do Sergas.