Eldiario.es explica nunha infografía quen son os principais actores da batalla política da UE contra Google.

Eldiario.es explica nunha infografía quen son os principais actores da batalla política da UE contra Google.
O PSdeG lamenta que edís "abandonen o barco" tras perderen as primarias para as eleccións municipais. Recólleo Faro de Vigo
Na Terceira galega, Pontevedra, Cerceda e Sanxenxo encabezan a clasificación
Alondras 1-2 Ordes
Xuventú Sanxenxo 3-1 Laracha
Cerceda 4-1 As Pontes
Ribadeo 0-3 Arousa
Deportivo B 2-0 Barbadás
Silva 2-1 Cultural Areas
Racing Vilalbés 0-0 Boiro
Ribadumia 5-0 Bertamiráns
Pontevedra 1-1 Rápido de Bouzas
Bergantiños 1-0 Choco
Na Segunda División, o Lugo caeu 2-1 ante o Sporting de Xixón, pero mantén unha cómoda décima posición na clasificación. Na Segunda B, vitorias do Rácing de Ferrol ante o Coruxo (2-0), do Celta B ante o Logroñés (4-2) e do Compostela ante o Somozas (1-0). Coruxo e Rácing son quinto e sexto, respectivamente
Xa se pode descargar o número 0 da revista dixital de literatura infantil e xuvenil Criaturas, que foi presentada esta fn de semana no Culturgal.
La Opinión analiza a situación de Alcoa. Crece o sospeita política e sindical de que a compañía usa como excusa o gasto enerxético para pechala
Henrique Monteagudo, secretario da RAG, advirte de que "o futuro do galego estásenos indo das mans". E alerta de que se o número de falantes cae por debaixo do 25% "será difícil de recuperar".
Os Riazor Blues concéntranse para anunciar a súa intención de continuar coa súa actividade. Nun manifesto acusan o consello de administración do Deportivo de "acoso".
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra presentou no Culturgal o cartaz da súa 16ª edición, que se celebrará no 27 de febreiro ao 28 de marzo e que estará dedicada á ciencia ficción.
A Garda Civil admite que lanzou pelotas de goma en Ceuta o pasado 6 de febreiro cando os inmigrantes se agrupaban na auga, revela El Diario nunha exclusiva. Ese día 15 persoas morreron afogadas.