Os traballadores levan a Megasa ante os tribunais por ocultar información sobre subcontratas e cesión irregular de empregados. O comité de empresa tamén denuncia o incumprimento do convenio colectivo
Fálase
Na Terceira galega, o Pontevedra mantense no liderado tras vencer nas Pontes (0-2). No resto da xornada: Bertamiráns 3 2 Sanxenxo; Ordes 2 2 Cultural Areas; Barbadás 0 2 Ribadumia; Alondras 0 2 Cerceda; Laracha 0 1 Racing Vilalbés; Boiro 1 1 Silva; Rápido de Bouzas 2 2 Bergantiños; Choco 2 2 Ribadeo; Arousa 1 2 Fabril.
Coruxo e Somozas empatan sen goles no derbi galego da Segunda B. O Compostela perdeu o sábado en Oviedo (1-0).
O presidente da RAG cre que A Mesa ten unha "visión limitada" do galego. Alonso Montero cre que o colectivo "non cre na metodoloxía da persuasión".
Sacristán colle o mando do PSdeG coruñés pero non dá selado a fractura interna. Os derrotados nas primarias quedan fóra da nova dirección provincial.
Valentín García cre que na enquisa do IGE "faltan falantes de galego" e insiste en que os malos datos de uso da lingua propia entre os máis novos non se corresponden coa realidade.
Alcaldes do PP rebélanselle a Feijóo pola candidata á Deputación de Lugo. Asinan a favor de Elena Candia, aliada de Barreiro e rival de Raquel Arias.
Inxusta derrota do Celta en Málaga. O equipo vigués cae ante o conxunto malagueño (1-0) prexudicado pola mala sorte e os erros arbitrais. Na ACB, o Obradoiro logra un triunfo agónico ante o Estudiantes.
O Lugo cae na casa ante o Betis (0-1) tras un solitario gol de Rubén Castro. No derbi galego de Segunda B, o Racing de Ferrol goleou o Celta B (4-0).
Centos de persoas forman xa a cadea humana a prol do sector naval organizada pola CIG na Ponte das Pías de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza. Fotografía de @GN_Ferrolterra.