Como o PPdeG, Fomento tampouco desmente que estea a estudar implantar peaxes nas autovías. Na Cadena SER.
Como o PPdeG, Fomento tampouco desmente que estea a estudar implantar peaxes nas autovías. Na Cadena SER.
Comeza a estenderse por twitter o hashtag #flagwoman, en referencia ao vídeo no que amosa a forma en que os militares israelís atacan un grupo de manifestantes palestinos, en especial unha muller que axitou unha bandeira enriba dun vehículo militar.
Luis Suárez López, estudante da Universidade da Coruña, accésit no premio Fototalentos’12 coa súa foto Morta a escola… morta a aldea, que reflicte o abandono dos colexios nas pequenas aldeas.
Ourense acolleu esta mañá a primeira etapa do Correlingua 2012. Até o 16 de maio percorrerá Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro baixo o lema Galego. Todo o que buscas.
20 mortos no Cairo en enfrontamentos durante una protesta antimilitar preto do Ministerio de Defensa. O Exército despregou tropas e vehículos. En resposta, a cúpula militar vén de manifestar a súa disposición a deixar o poder antes do previsto se o 24 de maio sae elixido un presidente na primeira rolda das eleccións, o que non parece probable.
O Ibex esborrállase e volve ao seu nivel máis baixo desde hai nove anos. Cede máis dun 3% lastrado pola banca.
O diario Las Provincias asegura que Galicia, Valencia e Castilla-La Mancha presionan o Ministerio de Sanidade para instaurar o copagamento na comida dos hospitais.
PSdeG e BNG únense por primeira vez na lexislatura para reclamar que Feijóo explica no Parlamento como lle afectan a Galicia os recortes do Goberno central. O PP rexeitouno. Toda a información, hoxe en Praza.
A CEOE di que haberá seis millóns de parados a final de ano "con ou sen reforma laboral". "Iso xa se esperaba", asegura o vicepresidente da patronal e presidente dos empresarios madrileños, Arturo Fernández.
A taxa de desemprego en España é máis de 13 puntos superior á media da Eurozona. Segundo os últimos datos de Eurostat, o Estado ten as peores cifras de todo o continente ao situarse o paro nunha porcentaxe do 24,1%, fronte ao 10,9% da zona euro e o 10,2% da Unión Europea.