Este venres comezan os días grandes Asalto ao Castelo de Vimianzo. A festa conta un ano máis co patrocinio de Praza Pública.
Fálase
O socialista David Regades, home de confianza de Abel Caballero, novo delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo. O consorcio, dependente do Ministerio de Facenda, é un dos principais investidores na cidade e vén actuando como contrapoder ou apoio dos gobernos locais de cada momento. Ata o de agora estaba en mans da popular Teresa Pedrosa.
O pianista londinense James Rhodes, que este sábado actúa en Vigo, converte en virais varios chíos en galego.
Sáenz de Santamaría apela á "coherencia" de Casado coa defensa do goberno da "lista máis votada" cara á votación definitiva do Congreso do PP, no que ambos concorrerán pola presidencia. A que fora vicepresidenta de Rajoy foi primeira na votación no conxunto estatal e tamén na provincia de Ourense.
Cospedal gaña en Galicia as primarias do PP co 39% dos votos, polo 29% de Casado e o 28% de Sáenz de Santamaría. Ampliamos aquí a información.
Casado e Sáenz de Santamaría dispútanse o primeiro posto nas primarias do PP cun terzo dos votos escrutados en toda España. Está a contalo en directo eldiario.es. En Praza.gal informaremos en breve dos resultados en Galicia.
A Comisión Europea abre a consulta pública para que a cidadanía poida opinar sobre a posibilidade de eliminar o cambio de hora de verán. O formulario está dispoñible nesta ligazón e pódese emitir ata o 16 de agosto.
O Consello da Xunta autoriza o gasto de 16,99 millóns de euros para contratar a construción do novo edificio da Cidade da Cultura, que acollerá o Consorcio Interuniversitario no espazo que orixinalmente ía ocupar o Teatro da Ópera do Gaiás. Feijóo reitera a petición de que o Goberno de Pedro Sánchez o axude a financialo.
A terceira edición do Festival do Leite celebrarase na Illa das Esculturas de Pontevedra o 15 de setembro. O evento, organizado por Deleite Galego, pasou nas súas primeiras edicións por Santiago e Lugo. Recólleo Pontevedra Viva
A militancia inscrita no Congreso do PP vota dende primeiras horas da mañá na primeira volta para elixir a nova presidencia do partido. En Galicia teñen finalmente dereito ao voto un total de 4.564 persoas, o que supón apenas un 7% do total, o menor peso dos populares galegos nun proceso interno do partido. O máis destacado da xornada en Galicia, hoxe en Praza.gal. Na imaxe, votacións na sede do PP de Lugo.