Confirmados Love of Lesbian, Los Enemigos, Fangoria e Nancys Rubias para Festival do Norte deste ano, que se celebrará unha semana antes do habitual, o 27 e 28 de abril
Confirmados Love of Lesbian, Los Enemigos, Fangoria e Nancys Rubias para Festival do Norte deste ano, que se celebrará unha semana antes do habitual, o 27 e 28 de abril
O diario La Nación, de Arxentina, tamén publica as mobilizacións contra a fraude das preferentes que se produciron o pasado sábado por toda España. Este xornal fai referencia no titular ao "corralito", algo que coñecen perfectamente neste país. Enlace á información
Romney e Santorum pelexan polo voto obreiro en Ohio, Estado clave nas votacións do supermartes, que teen lugar hoxe
Máis de 165 mil persoas votaron en Madrid na consulta popular sobre a privatización do Canal de Isabel II, organizado polo 15M, o movemento veciñal e IU
Seis Estados mexicanos manteñen vixente nos seus códigos penais o homicidio "por razón de honor", que rebaixa as penas no caso de que un home asesine a súa parella
As grandes 'telecos' de todo o mundo únense para loitar contra WhatsApp
Dous empresarios suxiren que Xosé Blanco lles ía pedir cartos para financiar a campaña electoral do PSOE nas municipais. A información en El País, que tamén conta que a trama de Dorribo xestionou contratos e ayudas a través de Pablo Cobián, deputado do PP e tamén contou coa colaboración de Joaquín Varela, director do IGAPE. Segundo El País foi Pablo Cobián quen lle abriu á trama as portas da Xunta, tratou con Feijoo e Pilar Farjas e conseguiu que Portos de Galicia lle ofrecese a concesión da reparación e mantemento das bateas das rúas galegas.
A aspirante á secretaría xeral do PSdeG, Elena Espinosa, asegura nunha entrevista na SER que "non é a candidata de ninguén". "Son un pouco terca como para deixarme teledirixir", di.
A Unión de Asociacións Galegas de Arxentina aclara nunha nota feita pública que o PP non ten nada que ver coa homenaxe a Manuel Fraga que están a organizar, cunha misa na catedral de Bos Aires. É unha "homenaxe sen connotación política" por ser o ex presidente "de todos os galegos" un "defensor dos emigrantes".
Os traballadores de Seaga que, como informou a CIG, ocupan a base helitransportada de Silleda para denunciar que os datos sobre o operativo contra incendios son "falsos" gravan en vídeo a súa protesta