A Marea Atlántica da Coruña preséntase ante os medios a poucas horas do seu primeiro acto público, que se celebrará ás sete desta tarde. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
“Pensabamos que internet era gratis e estase pagando cos nosos datos”. El Diario entrevista José Luis de Vicente, comisario dunha exposición sobre a utilización do big data que se pode ver en Barcelona
Os e as pacientes da área sanitaria de Vigo agardan para operarse no Sergas 29 días máis que a media dos galegos e galegas
El Diario analiza os beneficios que obtén o PP da reforma electoral aprobada onte en Castela-A Mancha, e que de momento lle permitiría manter a maioría absoluta.
A Asociación puntoGAL anunciará este martes as solicitudes seleccionadas para participar no seu Programa de Pioneiros, que poderán publicar as súas webs baixo un enderezo .gal dende o 25 de xullo. Será nun acto ás 12 do mediodía no Museo do Pobo Galego
Galiza por Palestina convoca manifestacións en denuncia das matanzas provocadas polo exército israelí en Gaza. En Vigo (hoxe, 20 horas, Vía Norte), Ourense (hoxe, 20.20 horas, Praza do Ferro) e Compostela (mañá martes, 19.30 horas, Praza do Toural)
Faro de Vigo analiza criticamente a distribución de sedes da Fundación Obra Social de Galicia, a antiga obra social das caixas galegas, denunciando que Facenda "eliminou dos estatutos as funcións de Vigo, onde estaban a xestión e os cumios directivos"
O Manifesto Marea Atlántica, que dende a semana pasada fai un chamamento a constituír unha candidatura cidadá para gañar as eleccións municipais na Coruña, presentarase publicamente este martes. Será ás sete da tarde na Ribeira do Cómaro (Espigón das Escravas-Riazor)
Un grupo de delegados/as e traballadores/as da automoción da CIG ocupan nestes momentos as oficinas do Ceaga en protesta polos despidos en Citroën e en solidariedade coa folga de fame
Antonio Delgado debulla en El Diario a nova Lei de Propiedade Intelectual, que se aprobará esta semana, e que incorpora a "mal chamada taxa Google, en realidade un canon que xestionado por CEDRO"