Os pensionistas pagarán entre 8 e 18 euros polos medicamentos. As pensións non contributivas e os parados sen prestación quedan exentos de abonar os fármacos.
Fálase
O Goberno baixa o soldo dos ex presidentes tan só un 5,6%. A dotación anual prevista para cada un deles será reducida en 4.400 euros, aínda que a partida orzamentaria incrementouse tras a incorporación de Zapatero á nómina de ex xefes de Goberno.
Recorte sanitario. Os parados de longa duración sen prestación non terán que pagar nada polos medicamentos, segundo se avanza da reunión que segue mantendo a ministra de Sanidade cos conselleiros das autonomías.
O voceiro de CiU na comisión de Fomento do Congreso, Pere Macías, bota man dos tópicos para criticar o AVE galego. O popular Celso Delgado instouno a respectar que Galicia vaia ter "o mesmo" en infraestruturas que Catalunya e Macías asegurou que "nunca aspirará a ter os percebes" que ten Galicia.
Alfred Bosch, voceiro de ERC no Congreso, afirma que a "opacidade" da Casa Real non se resolve "pedindo desculpas".
O Sindicat de Periodistes de Catalunya denuncia que a inminente destitución da directora de TV3 responde "a criterios políticos e non profesionais". Corren malos tempos para os medios de comunicación públicos, como revelan as informacións de que un sector do PP estaría presionando a Rajoy para que modifique a lei de RTVE e "recupere o control" da compañía.
O novo alcalde de Santiago mantén a Paula Prado como voceira do seu goberno pero prescinde do controvertido Ángel Espadas, que deixa de ser xefe de gabinete. Os cambios do goberno compostelán.
PSOE e IU pechan un acordo programático para un goberno estable en Andalucía para toda a lexislatura. Delegacións dos dous partidos consideran "magnífico" o pacto que atende ao "mandato" dos andaluces.
Deportes. A LFP premia a afección do Deportivo da Coruña. O vindeiro domingo, un representante da Federación de Peñas recibirá o galardón Xogador número 12 en recoñecemento á valía dos seareiros.
Piden a dimisión de Beatriz Mato. O comité intercentros do persoal laboral da Xunta e os catro comités provinciais de Traballo e Benestar solicitan o cese da conselleira e de todo o seu equipo directivo "por ser a máxima responsable do deterioro do sistema de benestar en Galicia, con recortes de persoal e de medios materiais que supoñen o desmantelamento dos servicios sociais".