A Xunta publica os domingos e festivos de 2017 nos que estará autorizada a apertura de establecementos comerciais
Fálase
Héctor Cajaraville gaña a sétima edición do premio Meiga Moira 2016 de literatura infantil e xuvenil, convocado por Baía Edicións, coa obra Denébola a Roxa, "para lectoras e lectores a partir de 12 anos".
A Universidad Católica de Ávila formará os novos inspectores de Policía en España. Interior retruca á información de El País argumentando que esta institución é "máis barata" que a Universidad de Salamanca, que impartía a formación dende hai tres décadas.
Hoxe retómase o xuízo da Gürtel coa declaración de Francisco Correa, presunto líder da trama. Existe gran expectación en torno ás súas revelacións, polas posibles incriminacións que traian consigo para suavizar a súa condena.
A xestora do PSdeG ultima a proposta de Leiceaga como voceiro no Parlamento. O que fora candidato á Xunta xa avanzara a súa intención de asumir a portavocía.
Alemaña restrinxe as axudas sociais aos cidadáns europeos que leven menos de cinco anos no país. Só poderán acceder ás axudas os comunitarios que traballen, se están parados non terán a protección da administración
En Marea considera a anulación da ordenación urbanística provisional de Ourense "unha mostra máis da desastrosa política urbanística de Núñez Feijóo". Este martes o TSXG anulou a Ordenación Urbanística Provisional aprobada pola Xunta en 2011 para suplir a anulación do PXOM do 2003, por non levar a cabo un proceso de participación pública
A carreira presidencial estadounidense amosa unha crecente fenda de xénero. Mentres que entre os homes Trump supera a Clinton por ao redor de 5 puntos de diferenza, entre as mulleres a marxe en favor da candidata demócrata é de 15 puntos. A polémica producida polo vídeo feito público a pasada semana podería mesmo ampliar esta brecha e xa está facendo que unha parte das líderes políticas republicanas retiren o seu apoio a Trump.
Rajoy baralla o sábado 29 de outubro como data para a súa investidura en segunda votación. A primeira sesión comezaría o mércores 26. Durante os actos oficiais do 12 de outubro, o presidente en funcións non quixo pronunciarse sobre o posible apoio do PSOE a través dunha abstención: "O mellor que podo facer é estar calado".
Compromís valora levar á Fiscalía a retirada do busto de Fraga no Senado, despois de que a súa proposta fose rexeitada este martes pola Mesa da cámara