A policia corta a rúa Génova e tamén algunhas das rúas adxacentes para evitar que a concentración convocada en protesta contra a corrupción se realice xunto á sede do PP.
A policia corta a rúa Génova e tamén algunhas das rúas adxacentes para evitar que a concentración convocada en protesta contra a corrupción se realice xunto á sede do PP.
A Xunta activa o Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións de nivel 1. "Prevese un empeoramento a media tarde en intensidade de choiva ata as 01,00 horas, sobre todo nas zonas de interior de Pontevedra, oeste de Ourense e Sur da Coruña, mantendose a alerta laranxa vixente no resto da provincia de Pontevedra e Ourense", sinala.
Denuncian que un policía local de Santiago "lle fractura os dedos a un mozo" e despois preguntoulle "y ahora, ¿qué?". Fíxoo público a Candidatura do Povo
A Fiscalía pide o reingreso en prisión de Alfon, o mozo de Vallecas detido o 14N e posto en liberdade hai uns días. Cóntao Público.
Feijóo pídelle ao rei "accións" para conseguir "carga de traballo para os estaleiros" galegos. Fíxoo no encontro protocolario co monarca tras revalidar mandato nas eleccións do 21-O (Foto: Casa Real)
Sáenz de Santamaría asegura que "non lle consta" a existencia de sobresoldos no PP na etapa de Luis Bárcenas como tesoureiro. Na Cadena SER.
Xunta e sindicatos agrarios piden conxuntamente a Madrid que o prezo do leite se constitúa a partir dos custos de produción. Pactan un documento para enviar ao Goberno central de cara á Lei da cadea agroalimentaria.
A Delegación do Goberno en Madrid advirte de que haberá "sancións" para quen se manifeste hoxe ante a sede do PP na concentración que está convocada para as sete da tarde. Polo de agora en Galicia só hai convocada concentración ante a sede do PP en Pontevedra pero é posible que se confirmen máis ao longo da tarde.
Bárcenas mantén despacho, secretaria e coche na sede central do PP. Eldiario.es púxose en contacto con a secretaria de Bárcenas, que hoxe mesmo segue atendendo os seus asuntos dende Génova
A facturación do sector servizos en Galicia cae un 4%. A ocupación descende máis dun 3% e o emprego un 2,7% con respecto a novembro de 2011, segundo os datos do INE.