Crean a Asociación Proxecto Benito Losada para manter o seu legado e continuar proxectos coma o Outono Fotográfico e as Xornadas de Banda Deseñada.
Fálase
As gravacións telefónicas a Nelson Santos, alcalde do Porriño, revelan as xestións do rexedor popular para enchufar varias persoas en empresas e no Concello. A Operación Multiusos investígao por supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e malversación
Dimite o concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, imputado na Pokémon, en "solidariedade" cos sete edís procesados por acordar pagar a súa defensa xurídica con fondos públicos. Máis información, hoxe en Praza.
Críticos de Anova volven cargar contra a estratexia de AGE e critican o "sectarismo de BNG e IU". Cren que Podemos absorbeu os votos de Alternativa.
O Parlamento comezou este luns os traballos da comisión que debe elaborar novas propostas para a integración de persoas con discapacidade. Interviron representantes do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)
Un apoderado do PP foi detido por comentarios racistas durante o reconto de votos. O implicado mantivo unha actitude "agresiva" durante toda a tarde da xornada electoral.
O diario Gara analiza como "decisivos" os votos do BNG para que a coalición Os pobos deciden obtivese escano nas europeas deste domingo.
Alfredo Pérez Rubalcaba anuncia a convocatoria dun congreso extraordinario do PSOE o 19 de xullo para "elixir unha nova dirección" tras os "malos resultados, sen paliativos" das eleccións europeas . El Diario está a analizalo.
Os resultados provisionais deixan o PPE como primeira forza da Eurocámara, aínda que con sete puntos menos que en 2009. Os Verdes/ALE manteríanse como terceiro grupo do Parlamento e a Esquerda, na quinta posición.
No conxunto do Estado o PP é o partido máis votado (16 escanos), por diante de PSOE (14), pero perden 8 e 9 eurodeputados, respectivamente, e 5 millóns e medio de votos. A Esquerda Plural obtén 6 deputados, triplicando os resultados de 2009. A gran sorpresa da noite é a irrupción de Podemos, con 5 escanos. UPyD (4), CEU (3), ERC (2), C'S (2), Os Pobos Deciden (1) e Primavera Europea (1) obteñen representación. En Catalunya, ERC (23,7%) supera a CiU (21,9%) e a PSC (14,3%).