O Parlamento portugués debate a esta hora a moción de censura impulsada polo Partido Socialista contra o Goberno de Passos Coelho. O PS defendía que os conservadores do PSD son "un obstáculo" para que o país veciño saia da crise e abandone o clima de "pre-ruptura social" no que se atopa. O diario Público ofrece o debate en directo.
