VÍDEO A Mesa presenta en Galicia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Unha información de Nós TV
Fálase
Feijóo inicia este xoves a súa segunda viaxe a Cuba como presidente. A fin de semana celébrase na illa o plenario do Consello de Comunidades Galegas. A primeira estancia do presidente da Xunta en Cuba foi en 2013, sete anos despois de que fose Touriño, e daquela reuniuse con Raúl Castro.
O Supremo condena a 3 meses de prisión e 1 ano e 1 mes de inhabilitación ao exdelegado do Goberno central en Lugo Jesús Otero (2004-2009), actual alcalde independente de Monterroso, por tráfico de influencias no coñecido como 'caso das multas'. Condena ademais o antigo xefe provincial de tráfico, Julio González, a 2 anos de prisión por falsidade e a 3 anos de inhabilitación a quen fora xefe provincial da DGT.
O PP ofrece un único debate en campaña con PSOE, Podemos e Ciudadanos, e evita desta volta o 'cara a cara' con Sánchez. Na anterior campaña Rajoy só foi ao debate 'a dous' co líder socialista e enviou a Soraya Sáenz de Santamaría ao encontro a catro bandas.
O TSXG non admite a trámite a querela de Besteiro contra De Lara. Toma a decisión de acordo coa Fiscalía. O ex dirixente socialista pretendía afastar da investigación da operación Garañón á maxistrada
O BOE publica hoxe as candidaturas para as eleccións xerais. A súa proclamación definitiva será o día 31.
O Eurogrupo libera 10.000 millóns para Grecia e reestrutura a súa débeda. O FMI decidirá antes de final de ano se participa no terceiro rescate.
A Xunta financiará os concellos para rematar á forza casas inacabadas e loitar contra o feísmo urbanístico. Creará un fondo con 10 millóns de euros e os municipios poderán derrubar ou rehabilitar os inmobles se o propietario se nega.
O naval de Vigo negocia unha decena de contratos por 500 millóns. As factorías pecharán novas operacións antes do verán.
Ciudadanos di agora que non houbo máis aspirantes ás primarias pola Coruña por un erro informático. O portavoz, Sánchez-Agustino, di que non se puido presentar e amosa o seu acordo coa destitución de Antonio Rodríguez.