O Eurogrupo libera 10.000 millóns para Grecia e reestrutura a súa débeda. O FMI decidirá antes de final de ano se participa no terceiro rescate.
Fálase
A Xunta financiará os concellos para rematar á forza casas inacabadas e loitar contra o feísmo urbanístico. Creará un fondo con 10 millóns de euros e os municipios poderán derrubar ou rehabilitar os inmobles se o propietario se nega.
O naval de Vigo negocia unha decena de contratos por 500 millóns. As factorías pecharán novas operacións antes do verán.
Ciudadanos di agora que non houbo máis aspirantes ás primarias pola Coruña por un erro informático. O portavoz, Sánchez-Agustino, di que non se puido presentar e amosa o seu acordo coa destitución de Antonio Rodríguez.
Ausbanc recadou 40 millóns extorsionando os bancos durante 40 anos. A Policía calcula que o 30% desa cantidade proceden do Banco Santander.
Bernie Sanders ve "antidemocrático" o "favoritismo" do Partido Demócrata cara a Clinton nas primarias para a presidencia estadounidense. Unha reportaxe de The Guardian en eldiario.es
Leiceaga e Gonzalo Caballero pechan o seu pacto nas primarias do PSdeG. A información, hoxe en Praza
O absentismo na reválida de 3º de Primaria alcanza os niveis da de 6º, segundo a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que sitúa en arredor dun 80% o seguimento ao boicot. O STEG sitúao en máis do 60%. Máis información, hoxe en Praza.
Albert Rivera chega a Venezuela entre críticas a Podemos, de quen di que é o único partido que "non quere axudar" o país. O líder de Ciudadanos asegura estar no país latinoamericano para "colaborar coa democracia".
A metade dos concellos galegos enfróntase a multas por débedas ou omitir datos a Facenda. Un de cada cinco tarda máis do dobre do prazo legal en pagar as facturas.