O absentismo na reválida de 3º de Primaria alcanza os niveis da de 6º, segundo a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que sitúa en arredor dun 80% o seguimento ao boicot. O STEG sitúao en máis do 60%. Máis información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5744294a3232a-cjniaebxaaarde3.jpg)
O absentismo na reválida de 3º de Primaria alcanza os niveis da de 6º, segundo a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que sitúa en arredor dun 80% o seguimento ao boicot. O STEG sitúao en máis do 60%. Máis información, hoxe en Praza.
Albert Rivera chega a Venezuela entre críticas a Podemos, de quen di que é o único partido que "non quere axudar" o país. O líder de Ciudadanos asegura estar no país latinoamericano para "colaborar coa democracia".
A metade dos concellos galegos enfróntase a multas por débedas ou omitir datos a Facenda. Un de cada cinco tarda máis do dobre do prazo legal en pagar as facturas.
Celébrase hoxe a reválida en 3º de Primaria entre a chamada ao boicot por parte das anpas, que agardan un absentismo como o que se deu na de 6º de Primaria de hai tan só unhas semanas. Máis información, hoxe en Praza.
Grecia comeza o desaloxo forzoso do campo de Idomeni. A policía grega esixiu a xornalistas e voluntarias que abandonasen a zona antes.
A Fiscalía exculpa a cúpula do Santander e sinala os empregados por vender produtos complexos. Cre que non se pode demostrar unha intención xeralizada de enganar na dirección per si irregularidades en directores de oficina e comerciais.
O Concello de Santiago lanza a web conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala na cidade, cun programa de actos que culmina o vindeiro día 28 encabezados pola lembranza de Porteiro Garea.
Multan unha muller coa 'lei mordaza' por levar un bolso cun debuxo dun gato e as siglas A.C.A.B, que neste caso ían acompañadas da lenda All Cats Are Beautiful e non da mensaxe antipolicial ao que adoitan estar asociadas. Cóntao eldiario.es
O candidato ecoloxista Alexander Van der Bellen gaña finalmente as eleccións presidenciais en Austria, superando por unicamente tres mil votos o ultradereitista Norbert Hofer, unha vez escrutado o voto por correo
O BNG presenta a súa campaña para as xerais baixo o lema Para ter voz propia. O Bloque aprobou as súas candidaturas no Consello Nacional do pasado sábado.