A Fiscalía exculpa a cúpula do Santander e sinala os empregados por vender produtos complexos. Cre que non se pode demostrar unha intención xeralizada de enganar na dirección per si irregularidades en directores de oficina e comerciais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5743f24e9f180-banco-santander-millones-euros-marzo_ediima20160427_0070_4.jpg)
A Fiscalía exculpa a cúpula do Santander e sinala os empregados por vender produtos complexos. Cre que non se pode demostrar unha intención xeralizada de enganar na dirección per si irregularidades en directores de oficina e comerciais.
O Concello de Santiago lanza a web conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala na cidade, cun programa de actos que culmina o vindeiro día 28 encabezados pola lembranza de Porteiro Garea.
Multan unha muller coa 'lei mordaza' por levar un bolso cun debuxo dun gato e as siglas A.C.A.B, que neste caso ían acompañadas da lenda All Cats Are Beautiful e non da mensaxe antipolicial ao que adoitan estar asociadas. Cóntao eldiario.es
O candidato ecoloxista Alexander Van der Bellen gaña finalmente as eleccións presidenciais en Austria, superando por unicamente tres mil votos o ultradereitista Norbert Hofer, unha vez escrutado o voto por correo
O BNG presenta a súa campaña para as xerais baixo o lema Para ter voz propia. O Bloque aprobou as súas candidaturas no Consello Nacional do pasado sábado.
O xuíz do caso Bárcenas dálle ao PP dez días para pagar 1,2 millóns como responsable civil subsidiario pola súa 'caixa B'. De non facelo, o xulgado procedería ao embargo. Adiántao a Cadena SER
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ve "intolerable" a multa a unha xornalista catalá ao abeiro da 'Lei Mordaza'. A sanción á Mercè Alcocer, imposta mentres traballaba na contorna da Audiencia Nacional, é para o CPXG outra proba da "arbitrariedade" da norma.
Falece Sabino Torres, escritor, xornalista e editor. Foi creador, a finais dos anos 40, da primeira colección de poesía galega da posguerra, Benito Soto, e era membro correspondente da RAG desde 1952.
O pleno da Coruña aproba definitivamente os orzamentos de 2016 cos votos de Marea e PSOE e a abstención de PP e BNG. Cóntao La Opinión de A Coruña
'Hackean' a web do PP de Lugo durante unhas horas con mensaxes como "que vén Maduro a roubarnos as vacas". Cóntao El Progreso