O PP volve esixir "desculpas" de PSdeG e BNG. Desta volta, por Pemex.
Fálase
O Goberno grego aproba que se poidan vender alimentos caducados nos supermercados a un terzo do seu prezo.
Unha manifestación da Falange en Bilbao remata con 50 imputados por desorde pública e posesión de armas. Varios grupos fascistas manifestáronse onte na capital biscaína nunha marcha legalizada, o que lle valeu as críticas do alcalde, Iñaki Azkuna.
Traballadores de Alcoa reivindican os seus postos de traballo no mitin do PSdeG na Coruña. Pachi Vázquez e Rubalcaba atenderon as súas reclamacións á entrada do acto dos socialistas na cidade herculina. Máis información, esta tarde en Praza.
O PNV gañaría as eleccións en Euskadi pero sen maioría absoluta. Así o asegura unha enquisa publicada por Deia na que Bildu sería a segunda forza no Parlamento vasco.
El Diario analiza as diversas posicións do empresariado catalán ante unha eventual independencia
Os diarios impresos do Estado centran as súas primeiras páxinas deste sábado nas crónicas do desfile militar do 12 de outubro e as repercusións nel das reivindicacións soberanistas de Catalunya
Este sábado PP e PSdeG contan co apoio dos seus líderes estatais na campaña galega. Alfredo Pérez Rubalcaba ofrece un mitin con Pachi Vázquez na Coruña e Rajoy, sen Feijóo, visita varias vilas da provincia de Lugo, como As Nogais ou Guitiriz.
Dr. Strange: Season One,a novela gráfica ilustrada pola coruñesa Emma Rios, é o noveno tebeo máis vendido esta semana nos Estados Unidos, na clasificación publicada por The New York Times
Convocan unha "folga de pais e nais" para o vindeiro xoves pedindo que non leven os seus fillos e fillas ao colexio