O Celta imponse por 4-3 ao Barça e enche Balaídos de euforia

O Celta imponse por 4-3 ao Barça e enche Balaídos de euforia
O "non" ao acordo de paz coas FARC gaña o referendo en Colombia por pouco máis do 50% dos votos.
Este luns recóntase o voto emigrante coa dúbida de se o PSdeG é quen de acadar o seu escano 15 e adiantar a En Marea. Neste momento o derradeiro escano en Ourense corresponde ao PP por só 135 votos. Os socialistas necesitan obter a terceira parte dos sufraxios exteriores que os populares teñan na provincia máis eses 135 votos. Cos datos do 26X e o 20D, quedarían ás portas.
Temor no PSOE á fortaleza negociadora de Rajoy fronte a unhas terceiras eleccións. Os populares xa non se conforman coa abstención dos socialistas e piden garantías de gobernabilidade.
A Comisión Europea sinala “deficiencias” no saneamento da ría do Burgo. Seguirá vixiando o plan de saneamento previsto ata 2021.
O consulado de Colombia en Lugo, un dos dez puntos habilitados no Estado para que 85.000 inmigrantes colombianos poidan votar este domingo no referendo sobre o acordo de paz coas FARC.
Pedro Sánchez dimite como secretario xeral do PSOE logo de que o Comité Federal rexeitase o Congreso que propuña por 133 votos a 105.
Caos no Comité Federal do PSOE. Dez horas despois de iniciarse, nin congreso, nin xestora, nin censura. O minuto a minuto, contado en eldiario.es
AUDIO | Mariano Rajoy fala portugués na inauguración dunha exposición sobre Miró na Fundaçao Serralves do Porto. Escóitao aquí.
O Comité Federal do PSOE debate hoxe o futuro do partido nunha das súas maiores crises. eldiario.es está a contalo en directo.