Agustín Fernández Paz recibirá o Premio Trasalba 2014, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/535f6471d5914-agustc3adn-fernc3a1ndez-paz.jpg)
Agustín Fernández Paz recibirá o Premio Trasalba 2014, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo.
O número de persoas sen emprego no conxunto do Estado cae en 2.300 no primeiro trimestre, segundo as cifras da EPA que se veñen de facer públicos. Cae tamén o número de ocupados e ocupadas, unhas 184 mil persoas menos, o que eleva a taxa de desemprego en dúas décimas, até o 25,93%. En Galicia hai 16 mil parados e paradas máis, o maior incremento xunto con Baleares.
A asociación O Muíño da Lama denuncia a tala masiva de carballos centenarios protexidos en Xinzo de Limia. Sinalan que o propietario das árbores non tivo coñecemento das talas até que foi avisado por outros veciños.
A banca toma o control de Pescanova, ao tempo que Damm e Luxempart (que posúen o 12% da multinacional) abandonan o seu consello de administración. As entidades bancarias inxectarán 125 millóns de euros e buscarán captar outros 300 millóns entre os acreedores.
A Coruña inicia a súa tempada de eventos frikis, como destaca Marcus Fernández do seu blog. As xornadas MX2014, esta fin de semana, con torneos, karaokes, freeplay e xogos de mesa, precederá a Expotaku, do 23 ao 25 de maio, e a HobbyCon, en xullo.
Os integrantes da plataforma veciñal en defensa do castelo de Monterrei levan a súa oposición á súa conversión en hotel de luxo ante o Valedor do Pobo, o Defensor del Pueblo e o Defensor do Pobo europeo
Europa Laica e Movimiento hacia un Estado Laico demandan xudicialmente o Ministerio do Interior por outorgarlle a medalla ao mérito policial á Virxe do Amor
O alcalde de Dozón xustifica a suba dun 30% do seu soldo argumentando que o fai para "axudar os nenos" do colexio da vila, segundo recolle La Voz
Deteñen unha vintena de persoas, unha delas en Lugo, por suposto "enaltecemento do terrorismo" a través de Internet. O obxectivo do Ministerio do Interior, segundo cita Europa Press, é enviar "unha mensaxe política sobre os límites da liberdade de expresión". Recólleo El Diario
El Diario fai un repaso polas empresas que se beneficiaron do traballo dos máis de 400 mil republicanos forzados a traballar en beneficio da ditadura tras o remate da guerra civil, comezando por Huarte, Agromán ou Dragados y Construcciones. O tema é obxecto de investigación a través da querela arxentina instruída pola xuíza María Servini.