A Coruña inicia a súa tempada de eventos frikis, como destaca Marcus Fernández do seu blog. As xornadas MX2014, esta fin de semana, con torneos, karaokes, freeplay e xogos de mesa, precederá a Expotaku, do 23 ao 25 de maio, e a HobbyCon, en xullo.
Fálase
Os integrantes da plataforma veciñal en defensa do castelo de Monterrei levan a súa oposición á súa conversión en hotel de luxo ante o Valedor do Pobo, o Defensor del Pueblo e o Defensor do Pobo europeo
Europa Laica e Movimiento hacia un Estado Laico demandan xudicialmente o Ministerio do Interior por outorgarlle a medalla ao mérito policial á Virxe do Amor
O alcalde de Dozón xustifica a suba dun 30% do seu soldo argumentando que o fai para "axudar os nenos" do colexio da vila, segundo recolle La Voz
Deteñen unha vintena de persoas, unha delas en Lugo, por suposto "enaltecemento do terrorismo" a través de Internet. O obxectivo do Ministerio do Interior, segundo cita Europa Press, é enviar "unha mensaxe política sobre os límites da liberdade de expresión". Recólleo El Diario
El Diario fai un repaso polas empresas que se beneficiaron do traballo dos máis de 400 mil republicanos forzados a traballar en beneficio da ditadura tras o remate da guerra civil, comezando por Huarte, Agromán ou Dragados y Construcciones. O tema é obxecto de investigación a través da querela arxentina instruída pola xuíza María Servini.
As Marchas da Dignidade de Ferrol maniféstanse mañá diante da antiga porta do estaleiro "pola dignidade da comarca". Será a partir das sete da tarde.
Isabel García Tejerina, nova ministra de Agricultura en substitución de Miguel Arias Cañete, segundo adianta EFE. É a actual secretaria xeral do Ministerio.
Cidadáns galegos e portugueses realizaron unha manifestación conxunta este domingo, que partiu dende Arbo e Monçao, contra a construción dunha interconexión eléctrica de 400 kilovoltios. As dúas marchas confluíron na ponte internacional de Tui.
Máis dun milleiro de persoas participaron na sétima edición de A Pedaliña; vive Vigo en bici. Ao longo da fin de semana houbo actividades de todo tipo relacionadas coa bicicleta, até a marcha ciclista que percorreu as rúas da cidade este domingo