A 'Kombuxa' chega a Xanceda e mostra que o rural galego se atreve con todo

As dúas variedades da 'Kombuxa' da Casa Grande de Xanceda: de froitos vermellos e cítricos © Casa Grande de Xanceda
https://api.praza.gal/storage/uploads/cintino-xanceda-4d43481.jpeg

A granxa ecolóxica de Xanceda vén de sacar ao mercado a súa versión da kombucha, en dúas modalidades (Maxical berries, de froitos vermellos; e Xan lemmon, cunha combinación de cítricos) e cun nome galeguizado e que convida a pedilo: Kombuxa

Como? Que en Xanceda agora fan kombucha? Pero iso non é enxebre! A kombucha, un fermentado de té de orixe chinesa, está de moda. As súas vendas en todo o planeta medraron 580% entre 2021 e 2023, atraendo a un público que busca refrescos máis saudables e baixos en azucre. E na Granxa Ecolóxica de Xanceda dixeron: e por que en Galicia non imos poder producir esta bebida? A Casa Grande de Xanceda vén de sacar ao mercado a súa versión da kombucha, en dúas modalidades (Maxical berries, de froitos vermellos; e Xan lemmon, cunha combinación de cítricos) e cun nome galeguizado e que convida a pedilo: Kombuxa.

"Decidímonos a facer kombucha porque en Xanceda somos especialistas en fermentados e a kombucha é un fermentado e tamén porque podiamos usar a mesma froita que usamos xa para os iogures", comenta en conversa con Praza.gal Sara Torreiro, responsable de comunicación e marketing da Casa Grande de Xanceda.

A Kombuxa 'Maxical berries' © Casa Grande de Xanceda

"Decidímonos a facer kombucha porque en Xanceda somos especialistas en fermentados e a kombucha é un fermentado e tamén porque podiamos usar a mesma froita que usamos xa para os iogures", di Sara Torreiro

"Ademais, esta kombuxa é unha aposta polo rural e unha aposta por Galicia", subliña Torreiro, que destaca que este produto "demostra que o rural galego pode estar na vangarda, desbotando así os mitos negativos que aínda pesan sobre el". "Xanceda leva anos demostrando que dende o rural se poden facer apostas de valor e de modernización, amosando que o rural galego é un espazo dinámico, vivo e vangardista", engade.

A kombuxa de Xanceda conta, así mesmo, coa certificación da Unión Europea que garante que se trata dunha produción 100% ecolóxica e salienta nas súas botellas a orixe galega do produto cun "feito en Galicia" sinalado cun corazón.

"Ademais, esta kombuxa é unha aposta polo rural e unha aposta por Galicia", subliña Torreiro, que destaca que este produto "demostra que o rural galego pode estar na vangarda, desbotando así os mitos negativos que aínda pesan sobre el"

Pero que é a kombucha? Trátase dunha bebida fermentada de sabor lixeiramente acedo a base de té ao que se lle engade en orixe azucre e unha combinación de microorganismo que se encargan da fermentación que lle outorga as súas características finais. Aínda que o nome procede do xaponés, a orixe deste té fermentado é chinesa, onde hai referencias con máis de dous mil anos de antigüidade. Ata hai unhas décadas o seu consumo era residual en Occidente. Porén, iso cambiou nos últimos anos e a kombucha converteuse nunha revolución e nunha das bebidas de moda.

A Kombuxa 'Xan lemmon' © Casa Grande de Xanceda

A kombuxa de Xanceda caracterízase por ter unha fermentación moi lenta, ao redor de 21 días, pero así conséguese que a bebida resultante teña unha burbulla moi fina

"En Xanceda aproveitamos a froita que xa empregamos nas marmeladas e nos iogures. E, ademais, a kombuxa encaixa na nosa filosofía de produción ecolóxica", explica Sara Torreiro. O proceso de produción implica varias fases e algo de paciencia. O té introdúcese nuns lactofermentadores, que son unhas cubas moi grandes, e alí fermenta mesturado con froita e azucre, que no caso da kombux a de Xanceda é azucre de caña. 

Aquí entra en xogo un dos protagonistas deste novo produto de Xanceda, chamado cariñosamente Scoby, que non é outra cousa que un conxunto de bacterias e levaduras seleccionadas. Nesta fermentación, as bacterias comen ese azucre e transfórmano noutros elementos: ácido acético, minerais, vitaminas... Ademais, neste proceso desaparece case todo o azucre, o que incrementa o carácter saudable da bebida.

Na fermentación entra en xogo un dos protagonistas deste novo produto de Xanceda, chamado cariñosamente Scoby, que non é outra cousa que un conxunto de bacterias e levaduras seleccionadas

A kombuxa de Xanceda caracterízase por ter unha fermentación moi lenta, ao redor de 21 días, pero así conséguese que a bebida resultante teña unha burbulla moi fina. Dende Xanceda destacan que é moi refrescante, ideal para tomar no verán, e que é apta para persoas celíacas e intolerantes á lactosa.

A bebida xa se pode adquirir en grande superficies (El Corte Inglés, Eroski Galicia, Froiz, Alcampo Galicia, Carrefour Galicia), en pequenas tendas de alimentación, na web de Xanceda e, por suposto, na tenda física que se atopa na propia granxa, coñecida por todas as persoas que visitaron a Casa Grande algunha vez.

A bebida, baixa en azucre e con certificado de produción ecolóxica, busca ser unha alternativa saudable aos refrescos © Casa Grande de Xanceda

"Somos afortunados porque temos un programa continuo de visitas e os visitantes son os mellores catadores. Cando comezamos coa kombuxa, fomos dándolles a probar distintos sabores, un pouco máis doces ou un pouco menos, con distintas mesturas"

De feito, algúns dos centos de visitantes que todos os anos se achegan para coñecer as instalacións e o proceso de produción de Xanceda foron algunhas das primeiras persoas que probaron a Kombuxa. Mesmo antes de que o produto estivese rematado.

"Aí somos afortunados porque temos un programa continuo de visitas á granxa e os visitantes son os mellores catadores que temos", explica Torreiro. "Cando comezamos coas probas da kombuxa, fomos dándolles a probar distintos sabores, un pouco máis doces ou un pouco menos, con distintas mesturas. Creo que o resultado final é moi satisfactorio", di.

"O equipo de i+d está sempre en movemento, experimentando cousas novas", destaca Torreiro, que apunta a outras novidades, coma o kefir bebible con café

E que será o próximo de Xanceda? Con que nos sorprenderán? "O equipo de i+d está sempre en movemento, experimentando cousas novas", destaca Sara Torreiro. "Ás veces dende a propia distribución pídennos cousas novas, propoñen variedades distintas dos produtos. Así xurdiu por exemplo o noso novo kefir bebible con café, porque nos reclamaban unha alternativa saudable aos cafés para levar que hai nas tendas", comenta.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.