Vilas e cidades reciben os Reis Magos da mañá á noite

A cabalgata na Coruña CC-BY-SA Concello da Coruña

Os Reis Magos madrugaron este ano para chegar a todas as vilas e cidades galegas antes da noite, cando comeza o seu verdadeiro traballo para repartir agasallos. Milleiros de persoas participaron na multitude de recepcións das maxestades de Oriente, que chegaron á Coruña en avión, a Vigo en tren e a Ribeira e Camariñas en barco. 

Había moita expectación pola súa visita, máis de 120.000 persoas seguiron a Melchor, Gaspar e Baltasar no seu paso polas rúas da Coruña, acompañados por unha comitiva con 600 persoas que partiu do Barrio das Flores ata a praza de María Pita. 

Os Reis Magos chegaron a Ribeira en barco CC-BY-SA Concello de Ribeira
A charanga Os Celtas de Negreira recibe aos Reis Magos en Brión CC-BY-SA Concello de Brión

O mal tempo fixo que moitas cabalgatas tivesen que reducir o seu percorrido, como foi o caso da de Ribadeo, ou atrasar a súa saída, como sucedeu en Vigo, que tamén suspendeu a cabalgata estática que viña celebrando desde a pandemia por mor da previsión de fortes choivas. 

Podes ver nesta galería de imaxes algunhas das moitas cabalgatas organizadas en Galicia ao longo deste venres. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.