A Plataforma 'Salvemos Cabana' manifesta a súa "profunda preocupación" polo plan mineiro da Xunta, ao abeiro do que medran varios proxectos de minaría metalífera en toda Galicia. O colectivo alerta sobre todo sobre os perigos dos proxectos auríferos, que empregan grandes volumes de cianuro de sodio para obter o valioso mineral.
Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto
Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto. A plataforma pregúntase que cantidade de cianuro vai ser necesario usar se o número de proxectos mineiros se multiplica nos vindeiros anos e, sobre todo, cal vai ser o destino dos seus refugallos, moi contaminantes.
Denuncia que "a problemática asociada ao transporte do cianuro por estrada non está resolta", polo o que o problema "podería verse multiplicado" pois a Xunta "en ningún momento obrigou a Edgewater a subscribir unha garantía financeira que cubra economicamente e de xeito integral un accidente a gran escala". Salvemos Cabana alerta neste senso de que "no caso de que os mencionados proxectos chegasen a saír adiante, todo o territorio podería encontrarse nunha situación dantesca, no que inmensas cantidades de cianuro de sodio poderían transportarse a diario polas estradas galegas, cos conseguintes riscos ambientais e para a saúde da poboación".
A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, "e en especial onde se prevé o seu almacenamento"
A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, "e en especial onde se prevé o seu almacenamento" e advirte que é "previsible que o mineral poida ser tratado en Cabana de Bergantiños" se o proxecto é finalmente aprobado pola Xunta de Galicia.