Entre as 19 e as 20.30 horas da tarde deste venres, na maioría dos casos, rúas e prazas das principais cidades e vilas de Galicia acolleron concentracións e manifestacións contra as violencias machistas no Día internacional para a eliminación das violencias contra as mulleres.
Concentracións feministas do 25N de 2022
-
Manifestación en Vigo polo 25 de 2022 nunha imaxe de @FemUnitarioVigo -
Manifestación en Ourense polo 25 de 2022 nunha imaxe de @GZNovaOurense -
Concentración en Lugo polo 25N de 2022 nunha imaxe de @LugoPodemos -
Concentración en Ribadavia polo 25N de 2022 nunha imaxe de Ribadavia en Común -
Concentración polo 25N de 2022 en Celanova nunha imaxe de @BngCelanova
"Ningunha violencia afecta máis ca outra, porque todas están atravesadas polo mesmo fío condutor: un patriarcado criminal que nos quere submisas", di a Marcha Mundial das Mulleres
O feminismo galego mobilizouse para denunciar “todas as violencias” sufridas polas mulleres, que van máis aló da violencia física cometida por parellas e ex-parellas e abrangue tamén outro tipo de agresións sexuais, violencias psicolóxicas e tamén violencias específicas en determinados ámbitos, como denuncia a Marcha Mundial das Mulleres, en referencia á "violencia obstétrica" ou a "violencia na saúde mental".
Ás concentracións e marchas convocadas polo feminismo sumáronse actos oficiais de diversas administracións e institucións
No seu manifesto para este 25N a Marcha fixo un chamamento a "analizar todas as violencias que nos atravesan e ter a capacidade de dar unha resposta contundente e alzar a voz en denuncia contra todas elas", sinalando que "ningunha violencia afecta máis ca outra, porque todas están atravesadas polo mesmo fío condutor: un patriarcado criminal que nos quere submisas".
Tamén diversas administracións e institucións sumáronse á xornada con concentracións e actos oficiais, desde o Parlamento e a Xunta ou a Delegación do Goberno de España en Galicia ata as deputacións ou a maioría dos concellos.
Actos institucionais do 25N de 2022
-
O Parlamento de Galicia iluminado polo 25N de 2022 -
Concentración na sede da Xunta polo 25N de 2022 -
Concentración na Delegación do Goberno de España en Galicia polo 25N de 2022 -
Acto para rapaces e rapazas do Concello de Vigo co seu alcalde, Abel Caballero, polo 25N de 2022 -
Acto do Concello da Coruña polo 25N de 2022 -
Acto do Concello de Ourense polo 25N de 2022 -
Acto do Concello de Lugo polo 25N de 2022