Movementos sociais
A Xunta dá un ultimato aos sindicatos da Xustiza para que acepten a oferta rexeitada en votación
Dálles tres días de prazo, até o venres ás 14 horas, para que acepten a última proposta ou sentirase "liberada de calquera compromiso". UGT, CCOO e CSIF consultarán cos seus afiliados, USO prefire que se pronuncie todo o persoal e CUT e CIG apostan por seguir negociando no comité de folga.
Tributo a Kathy McMahon, fundadora de Irish First Mothers
Pilar Fernández
O feminismo volve saír á rúa esixindo medidas concretas contra a violencia de xénero
14 concentracións en toda Galicia demandaranlle este mércores ao Goberno central que cumpra o Pacto de Estado e que o dote dun financiamento estable para poñelo en práctica. Tamén lle reclaman á Xunta que dedique o 1% do seu orzamento á loita contra o terrorismo machista e unha reforma dos xulgados específicos neste ámbito
Antón Masa: "A presenza de ENCE na Ría de Pontevedra é un problema para toda Galicia"
ENTREVISTA | Pontevedra acolleu este sábado un acto de homenaxe aos 30 anos de actividade da Asociación pola Defensa da Ría (APDR). Falamos co seu presidente, Antón Masa
O galego no Bierzo
Xabier Lago
A Xunta convoca este martes a mesa sectorial da Xustiza para pór fin á folga
A Administración pretende poñer fin ao conflito pero prescinde do comité de folga como interlocutor malia as advertencias dos sindicatos. Todas as centrais están chamadas á xuntanza que pretende acabar cun conflito que dura máis de tres meses.
Estudantes piden no Reitorado da USC que Luciano Méndez deixe de dar clase
A concentración convocada este luns na Praza do Obradoiro dirixiuse ao interior da sede de goberno da universidade. O profesor reitera nun novo vídeo a súa defensa da "inocencia" de La Manada, á que escusa pola presenza de "drogas e outras substancias". A USC estuda denuncialo ante a Fiscalía por un delito de odio
Queremos Galego agarda un seguimento "masivo" con "festa e reivindicación" na manifestación do Día das Letras
A actriz Nieves Rodríguez conducirá o acto final da manifestación, na que os estudantes gañadores do Correlingua 2018 cunha composición de hip-hop interpretarán 'Rapea, que a lingua non para'
Sindicatos da Xustiza advirten de que a Xunta pretende rematar a folga por unha vía "ilegal"
O interlocutor válido segue a ser o comité de folga mentres esta non sexa desconvocada formalmente, advirten as centrais sindicais
Narcotráfico e agresións sexuais, delitos que máis que aumentan en Galicia no inicio de 2018
Interior destaca que Galicia se mantén como a cuarta autonomía máis segura. Os furtos seguen a ser as condutas delitivas máis habituais
Curtis elimina a protección de todo o seu solo agrario en beneficio dos usos forestais
A oposición municipal denuncia que o obxectivo é favorecer a plantación de máis eucaliptos, coincidindo coa instalación na localidade da nova megaplanta de biomasa, que necesitará queimar todos os anos 546.000 toneladas de madeira e outra materia vexetal.