A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos da folga da Xustiza
O Goberno xustifica a decisión na "interrupción da folga indefinida" decretada polos sindicatos e no "masivo reinicio da actividade laboral". O sindicato maioritario, SPJ-USO, como xa fixeran UGT e CCOO, adheriuse á ultima oferta da Administración e deslígase da convocatoria do paro.