A protesta contra a manipulación alárgase entre o persoal da CRTVG
Traballadores e traballadoras da TVG e da Radio Galega mobilízanse no seu segundo #VenresNegro e volven esixir a creación do Consello de Informativos e uns "medios públicos libres do poder político". A protesta únese á dos profesionais de RTVE en todo o Estado.