A Coruña diralles adeus a Arteijo, Villa de Lage, Mellid ou Río Jallas
O Concello completará ao longo de 2017 a regaleguización do rueiro, aprobado polo pleno hai anos, pero que non fora aplicado polos gobernos de Javier Losada e Carlos Negreira. A denominación e a sinaléctica dun total de 22 rúas e prazas axustarase á legalidade.