A falla de asistencia no Sergas provoca o traslado masivo dos abortos terapéuticos a Madrid
Ningunha muller optou polo hospital da Coruña tras os testemuños de varias mulleres sobre as eivas na atención. Todas optan pola viaxe a Madrid, cuxas axudas veñen de ser recortadas pola Xunta. Os casos de desatención na sanidade pública serán enviados á Fiscalía a vindeira semana.