Movementos sociais
A "estratexia do conflito" das empresas de Florentino Pérez en Galicia
Fiscalía e Albada -do grupo ACS- solicitan penas de prisión para o comité de folga nunha das últimas disputas laborais xudicializados pola construtora, cuxas filiais acumulan expedientes, denuncias e batallas xurídicas no país. "Viven do conflito e polo conflito", din os sindicatos.
ENCE propón un "grupo de traballo" con colectivos sociais, que se negan a "lavarlle a cara"
A APDR retruca á carta da pasteira instándo a "sumar esforzos" advertindo de que a "única relación" que van ter coa factoría é "a loita contra a súa presenza en Lourizán".
Do eixe de rotación da Terra ao postureo climático
Xabier Vázquez Pumariño
A poboación de velutina seguirá a aumentar no verán malia preverse un menor impacto
A Asociación Galega de Apicultores está a rematar a campaña coa que prevía eliminar 30.000 raíñas. A destrución de niños primarios, o labor dos expertos, o aumento nos medios por parte das administracións e a maior concienciación social reducen a agresividade da praga de vespa asiática.
"Choramos polo acontecido en Orlando, mais todos os días morren persoas LGTBI pola violencia"
ALAS, Ultreia, Nós Mesmas e Arelas convocan concentracións este luns ás 21 horas na Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra e Lugo. Falamos con algunhas das entidades que en Galicia agrupan ao colectivo máis directamente afectado pola matanza.
Galicia mantense como segunda autonomía con menos achega á Igrexa na declaración da renda
A memoria anual da Conferencia Episcopal recolle que un 27% das declaracións de IRPF tramitadas en Galicia marcaron o 'x' a prol da Igrexa, unha porcentaxe só superior á de Catalunya, que non chega ao 20%.
A lingua como arma política ou a necesidade de novos discursos
Denis Vicente e Martín Vázquez
Do dereito a vivenda, o xenético neoliberalismo caciquil do PP, a prensa e o mercado do voto
Roberto Pereira
Concello, bombeiros e hospital piden acoller na Coruña dous nenos refuxiados en estado "crítico"
O goberno local da Coruña pídelle a Exteriores que autorice o traslado dende Grecia de Mudafar e Ahmed xunto á súa familia. Padecen unha doenza conxénita que precisa ser tratada e pola que a súa vida corre perigo, segundo ratifican médicos do CHUAC.
"Sen Castrelo, toda a comarca do Ribeiro e a produción de viño quedaron feridas"
ENTREVISTA Falamos con Arturo Reguera, autor de Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano (Fundación 10 de marzo), que presentou este xoves no Ateneo de Santiago
O Sergas accede a mudar a empresa de cociña do hospital de Vigo tras meses de protestas
A xerencia da área sanitaria viguesa admite agora a mala calidade da alimentación que recibían os pacientes e atribúe ao seu plan de "mellora e escoita activa" a decisión de prescindir da concesionaria. Doentes e persoal queixáronse de alimentos mal cociñados e mesmo en mal estado.