A esperanza de vida da poboación galega maior de 65 xa se achega aos 25 anos
A expectativa vital media en Galicia aumentou tres anos dende o 2000 e xa supera os 86 anos entre as mulleres. En territorio galego hai xa máis maiores de 85 anos que infancia menor de cinco.