Educación deixa sen efecto a circular que propoñia un canon por proxectar filmes nos colexios
A Valedora do Pobo responde á queixa presentada por CIG-Ensino advertindo que a Xunta xa lle aclarou que a circular "non impón ningunha obriga máis aló das establecidas pola lei" e que a empresa que advertía do pagamento dun canon "non ten asinado ningún tipo de contrato" coa Consellería.