Eduardo Sanches Maragoto aspirará a ser o novo presidente da AGAL
Unha lista encabezada por Eduardo Sanches Maragoto dá "um passo à frente" para dirixir a Associaçom Galega da Língua, que renova o seu Conselho o vindeiro 24 de outubro.
Unha lista encabezada por Eduardo Sanches Maragoto dá "um passo à frente" para dirixir a Associaçom Galega da Língua, que renova o seu Conselho o vindeiro 24 de outubro.
Hai máis de media década Pontevedra implantou o seu primeiro roteiro para que nenos e nenas fosen á escola sen adultos, a pé e con seguridade. Varias localidades desenvolven xa iniciativas semellantes cunha aposta á que agora se incorpora Santiago.
As dúas principais organizacións agrarias galegas desbotan un pacto "decepcionante" que non asume as súas demandas de concretar o prezo sustentable nin de establecer un réxime sancionador para os incumpridores. Asaja, Leite Río, Celta, Feiraco, Gadisa e Froiz apoiaron o documento
A Marcha Mundial das Mulleres entregou unha reclamación, dirixida ao Consello Xeral do Poder Xudicial, moi crítica coa actuación da xuíza de Verín e doutras institucións, que "fallaron", propiciando unha nova morte por violencia machista.
As mozas de 16 e 17 anos deberán informar os pais antes de poder interrumpir un embarazo. A medida foi cualificada de "innecesaria" por entidades e profesionais, que alertan da desprotección na que deixa a moitas rapazas, que "tiñan moi boas razóns para non contalo na casa"
O organismo regulador, dependente do Ministerio de Facenda, asegura en plena crise do lácteo que a venda a perda "pode resultar pro competitiva e traer vantaxes para o consumidor". SLG e UUAA non prevén asinar este mércores o acordo lácteo por non garantir un prezo digno para os gandeiros
Esta semana fixo un ano exacto do lanzamento, no que esta familia compostelá foi expulsada da súa vivenda, a pesar da forte oposición social. Stop Desahucios critica que "a voracidade duns poucos siga a levarse vidas por diante".
A Asociación Galega de Apicultores leva case dous meses agardando pola resposta de Medio Rural á súa proposta de reunión e de medidas urxentes que apoian varios municipios, desesperados pola expansión da velutina, presente en máis de 125 concellos de Galicia. "Os medios son escasos", din
Nas últimas décadas sinalouse a existencia dunha relación directa entre o número de rupturas matrimoniais e a situación económica. Os datos de 2014 amosan un incremento, ata as 2.17 por cada mil habitantes, fronte a unha taxa de 2.01 en 2013.
As Marchas celebraron na Coruña a súa segunda asemblea galega, que serviu para preparar a mobilización que levarán a cabo o 24 de outubro na Praza do Obradoiro.
O British Ruby converteuse no buque número 200 que descarga gas natural licuado na planta de Reganosa. O Comité Cidadán lembra unha vez máis a perigosidade da instalación e insta a aplicar as sentenzas do Tribunal Supremo contrarias á regasificadora.