Movementos sociais
Unha visita sorpresa a depuradoras de ACS en Zaragoza revela que incumprían a concesión
O Goberno municipal abriu un expediente que podería levar á rescisión do contrato e á remunicipalización do servizo. O conflito lembra o sucedido hai unhas semanas en Ferrol, onde se demostrou que a empresa responsable do saneamento, do mesmo grupo, non levaba a cabo o seu labor.
Contas pendentes en Barcelona
Esta semana celebrouse no barrio do Raval de Barcelona unha manifestación convocada pola campaña Justicia Juan Andres en lembranza dos dous anos do seu asasinato. Reportaxe de Héctor Tomé Mosquera
A destrución da sanidade pública e a conselleira cadáver
Eva Solla
O xuíz de Angrois confirma o maquinista como único imputado
Despois de máis de dous anos de dilixencias, o xuíz vén de pechar a instrución, que exculpa de responsabilidade a todos os altos cargos de ADIF e representantes políticos. O pasado mes de outubro a Audiencia provincial da Coruña levantou as imputacións que pesaban sobre a cúpula da empresa.
As subas no leite prometidas tras a presión gandeira confírmanse á falta de compromisos fiables
Celta, Central Lechera Asturiana, Kaiku ou Larsa, entre outras industrias, paralizan os contratos á baixa e ofrecen pequenas melloras no importe pagado aos gandeiros, "xestos unilaterais" que "non son froito da aplicación de acordo ningun nin dunha negociación", segundo os sindicatos
Contaminar nos Estados Unidos: 18.000 millóns. Contaminar en Galicia: 22 millóns
BP terá que pagar a maior multa da historia do país norteamericano pola explosión dunha plataforma petrolífera en 2010. Pola contra, o que a aseguradora do Prestige deberá achegar como indemnización, en virtude da sentenza de 2013, non cobre nin sequera as custas do proceso
Plataforma Feminista Galega: "Se imos xuntas somos quen de conseguir cousas"
Este martes presentouse a Plataforma Feminista Galega, que busca continuar co traballo unitario realizado a través da Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. Entre as súas primeiras accións, a mobilización contra as violencias machistas do vindeiro 7N. Falamos con Paula Ríos e Pilar Estévez.
"A mobilización en Corcoesto foi clave para deter a mina e seráo para que outros se boten atrás"
ENTREVISTA Nela Abella, da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da rede Contraminacción, fai balance da loita social e da veciñanza contra o proxecto da mina de Corcoesto, cancelado de vez tras a perda dos dereitos mineiros que Edgewater tiña en Bergantiños
A loita é pola vida
Sigrid Campo
O veto aos circos con animais esténdese e alcanza xa 26 concellos en Galicia
Santiago únese ao veto ao uso de animais en espectáculos, que alcanza xa máis de 25 concellos, onde reside máis de 35% da poboación galega. Narón e Ferrol uniranse tamén á campaña antes de que Libera leve a iniciativa ao Parlamento para intentar suprimir estes espectáculos no país
33 mulleres foron asasinadas por violencia de xénero en Galicia dende 2008
Unha nova morte, este luns en Vigo, eleva a 4 as vítimas mortais do machismo neste 2015 na comunidade. Nas últimas 72 horas outras dúas mulleres (en Murcia e Biscaia) tamén perderon a vida a mans das súas parellas ou ex parellas