A violenta resposta de Israel ao ataque de Hamas mobiliza centos de persoas por toda Galicia en defensa da poboación civil de Gaza
As rúas e prazas de quince cidades e vilas galegas foron o escenario ás oito da tarde deste luns de concentracións e manifestacións en favor do pobo palestino. Unhas protestas que se producen tras a violenta resposta de Israel ao ataque de Hamas de hai dez días e que mobilizaron a centos de persoas por toda Galicia en defensa da poboación civil de Gaza.
Fronte a outros países europeos que nas últimas xornadas prohibiron este tipo de protestas, en Galicia as concentracións, apoiadas por formacións como o BNG, Anova, Marea Atlántica, Ferrol en Común ou a CIG, desenvolvéronse con normalidade.
En relación co conflito, o pasado mércores o Parlamento de Galicia aprobou unha resolución unánime de condena de calquera tipo de terrorismo en xeral.