En 1948 o estado de Israel declarou a súa independencia; unha catástrofe para a xente palestina, que dende aquela lembra cada 15 de maio esa Nakba, calamidade, que a deixou sen terra
En 1948 o estado de Israel declarou a súa independencia; unha catástrofe para a xente palestina, que dende aquela lembra cada 15 de maio esa Nakba, calamidade, que a deixou sen terra. Porque, malia a idea de Golda Meir, primeira ministra israelí entre 1969 e 1974, de que non existía o pobo palestino e de que esa terra sen pobo era para un pobo sen terra, antes da instauración do sionismo como estado, xa había xente no país, amais de nomes que devagar desapareceron, como a poboación autóctona, expulsada, arredada ou falsamente asimilada.
Con todo, Israel nunca deixou de anexionar terras e ocupar aquelas esparexidas para a poboación palestina, onde aumenta o número de colonias, nas que a día de hoxe viven, de xeito ilegal, unhas 700.000 persoas
Tras 74 anos de lexitimidade imposta por eleccións alleas á escolla local, Palestina segue a sufrir as consecuencias. As máis de 700.000 persoas expulsadas naquela altura tiveron que procurar acubillo en países veciños ou en campos de refuxiados onde continúan, coa esperanza de retornar algún día ao seu lugar de orixe. Con todo, Israel nunca deixou de anexionar terras e ocupar aquelas esparexidas para a poboación palestina, onde aumenta o número de colonias, nas que a día de hoxe viven, de xeito ilegal, unhas 700.000 persoas.
Protestar ou mesmo informar sobre estas e outras inxustizas está perseguido e castigado, penado co silencio e incluso a morte
Despois da Nakba e de continuos anos catastróficos, a poboación palestina segue a vagar polo mundo e a depender de decisións externas para decidir a súa existencia. Destrúense fogares palestinos á vez que se aproba a construción de casas para ocupar, colonizar e estender o dominio sionista. Mentres, protestar ou mesmo informar sobre estas e outras inxustizas está perseguido e castigado, penado co silencio e incluso a morte.