A economía colaborativa fronte á crise da vivenda

Edificios de vivendas en Carballo, nunha imaxe de arquivo © Concello de Carballo

Se falamos do cohousing como alternativa fronte ao especulativo modelo de vivenda actual é moi probable que o concepto sexa descoñecido por unha grande parte da opinión pública.

O modelo de cooperativas de vivendas colaborativas en cesión de uso é xa moi popular nos Estados Unidos ou nos países nórdicos e comeza a facerse realidade no Estado español. Existen exemplos de éxito en funcionamento como os de Trabensol e Entre Patios (Madrid) ou La Borda (Catalunya)

Con todo, este modelo de cooperativas de vivendas colaborativas en cesión de uso é xa moi popular nos Estados Unidos ou nos países nórdicos e comeza a facerse realidade no Estado español. Existen exemplos de éxito en funcionamento como os de Trabensol e Entre Patios (na Comunidade de Madrid) ou La Borda (en Catalunya).

Todas estas iniciativas conseguiron facer realidade o soño de construír un conxunto de vivendas segundo o modelo de convivencia colaborativa. O devandito modelo baséase nuns espazos e servizos compartidos, nunha xestión participativa do complexo e, principalmente, nun modelo de relación veciñal no que se comparten valores, obxectivos e unha visión conxunta do estilo de vida a implantar.

A convivencia colaborativa pon en valor a creación dun entorno estable e con calidade humana no que se satisfagan as necesitades de todos, por riba dos intereses especulativos e de adquisición de patrimonio.

É por iso que, fronte aos modelos de xestión inmobiliaria máis habituais na actualidade, nas iniciativas de cohousing a cooperativa non desaparece unha vez rematado o proxecto de construción do conxunto habitacional. A cooperativa é a titular e propietaria do complexo, no que os cooperativistas terán a cesión de uso indefinido dunha vivenda, así como dos espazos e servizos comúns.

Dominio Público

¿A que responde o xurdimento deste modelo de cooperativas de vivendas colaborativas?

O modelo busca responder a problemáticas amplamente sentidas pola maioría da poboación: dificultades no acceso á vivenda, falta de servizos accesibles para satisfacer as necesidades máis básicas das persoas e a búsqueda dun modelo de vida sostible: 

O modelo busca responder a problemáticas amplamente sentidas pola maioría da poboación:

Dificultades no acceso á vivenda. Acceso a unha vivenda digna, accesible economicamente, estable... evitando caer nos abusos da especulación inmobiliaria.

Falta de servizos accesibles para satisfacer as necesidades máis básicas das persoas: de coidados, de conciliación, de relacións cálidas, de intercambio de saberes e afectos.

Búsqueda dun modelo de vida sostible: fronte o individualismo como fonte de dispendio e esgotamento de recursos; o deterioro do hábitat; o endurecemento das condicións para a vida nun futuro cada vez máis incerto.

As cooperativas de Vivenda Colaborativa están chegando a Galiza para cubrir as necesidades das persoas de todas as idades expulsadas do mercado de compra e aluguer

Este modelo está a medrar dende hai décadas, con proxectos que están a servir de exemplo para moitas persoas que actualmente están desenvolvendo iniciativas parecidas en todo o mundo. E Galiza non é unha excepción.

Empeza a fraguarse unha coordinación entre os distintos proxectos de cooperativas existentes en Galicia, profesionais interesados no modelo de vivenda colaborativa e entidades de de economía social e solidaria

Aínda sen contar co apoio existente noutras comunidades autónomas, onde gobernos e administracións locais foron implicándose no apoio e impulso da vinvenda colaborativa, recentemente celebramos en Oleiros un encontro no que tivemos a oportunidade de atoparnos persoas de varios proxectos en desenvolvemento: Cohousing Ártabra (www.cohousingartabra.org); Outra forma de vivenda (www.outraformadevivenda.org); Ancoradoiro (www.ancoradoiro.org); LarLilás (www.larlilas.org), Somos Amizar (somosamizar@gmail.com) e Alvariza Colaborativas Compostela (www.alvarizacolab.gal).

E iso aínda cando na nosa comunidade non hai normativa legal específica para este modelo e, pola banda local, os concellos de momento non están a impulsar cambios nesta liña dentro das súas competencias.

Faltan equipos técnicos con experiencia e coñecementos sobre o modelo de vivenda colaborativa en cesión de uso. Equipos que aposten por un modelo alternativo ao especulativo, dispostos a aproveitar as posibilidades que a actual normativa permite e a acompañar ás persoas impulsoras de cada proxecto

No referido ao executivo autonómico, a Dirección Xeral de Maiores da Xunta si está a elaborar unha Orde que, parece, recoñecerá a vivenda colaborativa como un dos servizos útiles para fomentar a vida autónoma e activa das peroas maiores no seu domicilio. Aínda recoñecendo o paso adiante que supón no recoñecemento aos novos modelos de atención, consideramos que non recolle o valor engadido de propostas máis amplas, como as que asumen as ventaxas de enfoques interxeracionais.

Bótase de menos un enfoque máis global e coordinado das administracións públicas, como encargadas de atopar e impulsar solucións para as necesidades da cidadanía. Faltan equipos técnicos con experiencia e coñecementos sobre o modelo de vivenda colaborativa en cesión de uso. Equipos que aposten por un modelo alternativo ao especulativo, dispostos a aproveitar as posibilidades que a actual normativa permite e a acompañar ás persoas impulsoras de cada proxecto.

Con todo, ou precisamente grazas a esta falta de apoio institucional, si empeza a fraguarse unha coordinación entre os distintos proxectos de cooperativas existentes en Galicia, profesionais interesados no modelo de vivenda colaborativa e entidades de de economía social e solidaria como REAS ou EspazoCoop.

 

Alvariza Colaborativas Compostela

Avariza Colaborativas Compostela nace como unha iniciativa máis dentro deste modelo de convivencia colaborativa. Compartimos e queremos impulsar a filosofía deste novo modo de concebir a vida en comunidade, asumindo unha serie de principios comúns: coidado entre iguais, buscando equilibrio entre os espazos e os tempos privados coas relacións e actividades colectivas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.