Lugo, na súa fermosa calma habitual, foi sorprendido por unha melodía desafinada. A presentación dunha moción de censura contra o goberno municipal, baseada na sucia manobra do transfuguismo
Lugo, na súa fermosa calma habitual, foi sorprendido por unha melodía desafinada. A presentación dunha moción de censura contra o goberno municipal, baseada na sucia manobra do transfuguismo. Sen motivo ningún, porque nada do que prevé esta lei (digna de revisión para non se converter, coma agora, nunha ferramenta antidemocrática) dáse na cidade, que nos últimos anos é un baluarte da cultura e da convivencia. Falan de Noia, mais ni remotamente a situación se asemella. E, por outra banda, que algo sexa “legal” non o converte en ético. Cantas leis inmorais imperaron e imperan nesta terra? Seica a escravitude non foi legal?
Como se chega á posibilidade deste ataque á democracia? Tristemente pola vía da desgraza allea. O partido socialista, en co-goberno co BNG, perde tres dos seus membros. Morren, en pouco máis dun ano: a alcaldesa Paula Alvarellos, e os edís Pablo Permuy e Olga López Racamonde, cidadáns comprometidos coa comunidade.
Hai liñas que non están escritas en ningunha lei e que a sociedade recoñece perfectamente: o respecto, a memoria, certa decencia compartida, o que nos distingue coma humanos, que non debería depender de regulamentos nin cálculos. Porque fan parte do tecido común da humanidade
Fronte a iso, coma en todas as conxuras que do mundo foran, aparece a traizón e a oportunidade. Tamén haberá que ter autocrítica e revisar como se fan as listas electorais. Do primeiro ao último militante deberá soster un compromiso firme coas siglas que defende e, sobre todo, coa cidadanía que o vota. A cidadanía de Lugo, á que lle queren estafar a súa vontade expresada nas urnas, sabe que só hai algo máis desprezábel ca o transfuguismo: a instigación a romper o compromiso co partido ao que se traizoa, que lle deu ese escano, que non pertence á / ao tránsfuga. O vello “tamayazo”, que dura até hoxe. O que non se gaña nas urnas e se compra con cartos ou prebendas.
Hai liñas que non están escritas en ningunha lei e que a sociedade recoñece perfectamente: o respecto, a memoria, certa decencia compartida, o que nos distingue coma humanos, que non debería depender de regulamentos nin cálculos. Porque fan parte do tecido común da humanidade.
Tras 27 anos de gobernos de progreso, coas súas luces e as súas sombras, Lugo mudou dun xeito extraordinario. Eu lembro ben ese Lugo gris dos 90, esa melodía máis franquista ca democrática, esa cidade que seguía perdida no tempo das angustias, como aquela que visitei aos meus nove anos, no 63, onde todo era monocromo
Por iso, é que afirmo que tras 27 anos de gobernos de progreso, coas súas luces e as súas sombras, Lugo mudou dun xeito extraordinario. Eu lembro ben ese Lugo gris dos 90, esa melodía máis franquista ca democrática, esa cidade que seguía perdida no tempo das angustias, como aquela que visitei aos meus nove anos, no 63, onde todo era monocromo.
E a ninguén se lle escapa o porqué desta “falcatruada”: non lles ían dar as contas. O aumento do censo electoral marcará novas regras e queren gañar tempo como sexa.
Mais non vale todo, as rémoras dos corenta anos de ditadura teñen que desaparecer. A democracia é outra cousa, nin na vida nin na política vale todo; e medrar sobre os ósos dos mortos non é fazaña ningunha. Non é máis ca outra naturalización da crueldade, signo destes tempos que debemos rexeitar con todas as nosas forzas.
Cando non se está de acordo coas decisións do partido polo que te postulas, ti renuncias, e punto. Sábeo todo o mundo, é de iniciación á ética e á decencia.
Desta volta, Lugo, a cidadanía, todos nós, non imos esquecer. Ninguén vai esquecer. O verdadeiro “clamor” ouviuse o outro día na Praza Maior e non vai parar. Contra o transfuguismo, vai medrar a memoria e a saúde democrática, a ética e a xenerosidade. Agora e sempre, porque “o pobo é quen máis ordena”
Todo o demais é dano á comunidade, desprezo pola vontade popular, negocio puro e duro, calculismo, franquismo sen máis. E que ganas ten a cidadanía de que se acabe de vez o franquismo en calquera das súas formas.
Nada amábel, fraterno, solidario, humano, se pode construír con prácticas desta natureza.
As e os cidadáns temos a obriga de manter a memoria, de lembrar estes días con claridade antes de emitir o voto e fronte a cada circunstancia dubidosa. E vai ser por iso que, desta volta, Lugo, a cidadanía, todos nós, non imos esquecer. Ninguén vai esquecer. O verdadeiro “clamor” ouviuse o outro día na Praza Maior e non vai parar. Contra o transfuguismo, vai medrar a memoria e a saúde democrática, a ética e a xenerosidade. Agora e sempre, porque “o pobo é quen máis ordena”.