·Fundación Praza Pública

Espazo de divulgación de comunicacións e actividades da Fundación Praza Pública, editora do xornal Praza.gal

Fundación Praza Pública

Fundación Praza Pública

Editora do xornal Praza.gal. A Fundación ten por finalidade o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas. Podes consultar aquí os seus estatutos.

  • Que queres que che amosen na sobremesa este Nadal?

    A comunidade de socias e socios que permite manter todos os contidos de Praza.gal en aberto está a medrar. Pero aínda non é dabondo. A Fundación Praza Pública lanza unha nova campaña para seguir medrando, coa neurocientífica Sonia Villapol como primeira voz

  • As contas de Praza para contar

    O resultado negativo de 2024 obriga a un esforzo adicional ao equipo da Fundación, tamén no referido á comunidade de socias e socios. Para evitarmos que o que -nin máis nin menos- é unha situación axustada derive noutra de indesexables dificultades e consecuencias. E, sobre todo, para asegurar que o proxecto pode seguir medrando sobre bases seguras e independentes

  • Témosvos a vós

    Nun contexto no que esta fórmula publicitaria é cada vez máis frecuente, en máis dunha ocasión renunciamos a ingresos que serían importantes ao considerarmos que un contido patrocinado ao que teríamos acceso contravén os nosos principios editoriais. Pero témosvos a vós, as socias e socios