En 2017, no 35 aniversario dos últimos vertidos nucleares fronte a Galicia, na coñecida como Foxa Atlántica, Praza.gal realizou unha longa investigación con consultas a unha ducia de organismos internacionais nas que non foron quen de responder se alguén vixía con algún tipo de programa estable de supervisión eses bidóns de aceiro e formigón con 140.000 toneladas de residuos radioactivos deitados no océano entre 1949 e 1982.
En 2017 Praza.gal realizou unha longa investigación na que constatou que ninguén vixiaba os bidóns con toneladas de residuos radioactivos deitados no océano fronte ás costas galegas entre 1949 e 1982
PSOE, PP e BNG fixéronse eco daquela investigación e durante varios anos formularon iniciativas no Parlamento de Galicia, o Congreso e o Parlamento Europeo que constataron que nin España nin a UE vixiaban nin pensaban vixiar o estado deses bidóns, algúns con sete décadas baixo o mar.
Tras esas evasivas e negativas, recollidas por medios de todo o Estado, agora é Francia quen realiza a primeira misión para vixiar o estado dos residuos da Foxa Atlántica. A expedición científica comezou o pasado día 15 de xuño e vaise desenvolver en dúas campañas. A primeira, de localización e aproximación, vén de localizar un milleiro deses bidóns 43 anos despois do último duns vertidos que cesaron, cómpre non esquecer, grazas á heroica expedición de activistas e mariñeiros a bordo dun pesqueiro de Ribeira, o Xurelo.
Este é un exemplo da importancia que para nós teñen as socias e socios. Só con ese apoio é posible investigar devagar un asunto tan complexo e seguilo durante anos. Absolutamente ningunha outra fonte de financiamento permite facelo.
Non existen certezas absolutas sobre case nada. Pero cremos que é razoable afirmar que, posiblemente, os vertidos nucleares fronte ás costas galegas seguirían sen control ningún se, durante oito anos, Praza.gal non estivese investigando e seguindo informativamente a cuestión. Dende as primeiras pescudas ás respostas políticas e o informe oficial da Comisión Europea que, a raíz de todo o anterior, admitiu en 2023 que, como avanzara Praza.gal en 2017, ninguén estaba a vixiar con regularidade.
Este é un exemplo perfecto da importancia que para nós tedes vós, as socias e socios de Praza.gal. Só co voso apoio é posible investigar devagar un asunto tan complexo coma este e seguilo durante anos ata que ese traballo dá resultados mesmo alén do estritamente informativo. As vosas cotas transfórmanse en tempo de traballo para a nosa redacción e ese tempo, en investigacións coma esta. Absolutamente ningunha outra fonte de financiamento do xornal permite facelo.
A marcha das nosas contas e a actual estrutura fan imprescindible incrementarmos os ingresos para evitar que o que hoxe é unha situación económica axustada derive, no medio prazo, noutra de indesexables dificultades e consecuencias.
Por iso hoxe, oito anos despois daquela primeira información sobre os vertidos nucleares no Atlántico, queremos compartir convosco a nosa satisfacción e trasladarvos outra volta, as grazas. E tamén lembrar que, como vos contamos o pasado abril, a marcha das contas da Fundación Praza Pública -a nosa editora- no pasado ano e a nosa actual estrutura fan imprescindible incrementarmos os ingresos neste 2025 para evitar que o que hoxe é unha situación económica axustada derive, no medio prazo, noutra de indesexables dificultades e consecuencias.
Por ese motivo, se podes faríanos moito ben que incrementases a túa cota. Podes tramitalo como unha alta nova nesta ligazón empregando o mesmo correo electrónico que co teu perfil actual e o sistema substituirao automaticamente. Se non fose posible, seguímosche agradecendo moito a túa achega actual e pedímosche que compartas cos teus contactos o noso traballo e a posibilidade de ser de Praza. Unha forte aperta da redacción de Praza.gal e de todo o equipo da Fundación Praza Pública.
Aínda non es socia ou socio de Praza.gal?
Lembra, ademais, que ata o 80% da túa achega vénche de volta na declaración da renda. Así, por exemplo, unha cota de 10 euros ao mes pódeche quedar nun gasto real de 2 euros ao mes.