As noticias falsas son maiormente un fenómeno lingüístico. Non só lingüística senón literaria, as fake news válense da caixa de ferramentas da literatura tanto como a poesía ou a narrativa
As noticias falsas son maiormente un fenómeno lingüístico: artigos en prensa ou dixitais, programas de radio ou podcasts, entrevistas, reportaxes, comunicados de prensa, tuits, filtracións, dossiers persoais, discursos de autoridades, sermóns de youtubers, etc. Os propios memes das redes sociais van decote acompañados dun texto que encarreira a interpretación da imaxe. En todo caso, a compoñente lingüística é preponderante. Non só lingüística senón literaria, as fake news válense da caixa de ferramentas da literatura tanto como a poesía ou a narrativa.
Igual convén aclarar o que entendemos por fake, termo de uso profuso e significado difuso, consecuentemente baleiro, como liberdade, populismo ou fascismo. Non chega a fake a noticia falsa por erro do xornalista ou o medio, tampouco a manipulación de dar só unha versión omitindo as discrepantes, ou escoller os paneis de opinión ou voces autorizadas que apoien a posición do medio. Nin sequera xogar cos titulares trasladando un sentido que o corpo da noticia desmente, furtar contexto ou presentar un ángulo retorcido de declaracións ou estatísticas para achegar a brasa á nosa sardiña. Estas prácticas serían a manipulación de toda a vida.
Igual convén aclarar o que entendemos por fake, termo de uso profuso e significado difuso, consecuentemente baleiro, como liberdade, populismo ou fascismo. Falamos de fake cando se pode demostrar obxectivamente a falsidade, co engadido de que o emisor coñece esa falsidade e persegue que os receptores a tomen por verdadeira porque iso o beneficia ou prexudica a quen se quere desprestixiar.
Dicir que unha pasta de dentes nos axudará a ligar é mentira. Dicir que beber lexivia cura a Covid é un fake porque non hai solubilidade entre a afirmación e a realidade. Dicir que a inseguridade cidadá é provocada polos inmigrantes é mentira. Dicir que os inmigrantes haitianos matan e comen os gatos dos residentes é un fake. É fake citar palabras que un voceiro non pronunciou ou atribuirlle actos inexistentes escudándose en fontes anónimas, marxinais e creadas coa única función de que o difusor eluda responsabilidades. Falamos de fake cando se pode demostrar obxectivamente a falsidade, co engadido de que o emisor coñece esa falsidade e persegue que os receptores a tomen por verdadeira porque iso o beneficia ou prexudica a quen se quere desprestixiar. Lémbrese a acusación recente de que na sé do PSOE en Madrid entraban bolsas cheas de cartos da corrupción. Saíu en todas as canles de TV apoiada no vídeo dunha silueta anónima ás escuras e coa voz distorsionada
Manual de estilo
Nos fakes é a ficción a que se fai pasar por verdade, nunca ao revés. Cando alguén pretende redactar unha mensaxe de ficción, é lóxico que se sirva dos recursos da ficción. A partir de aí estúdase o momento axeitado para botar a cana, sabendo que o público máis receptivo é o vulnerábel e que os bulos funcionan mellor cando se dirixen a unha comunidade restrinxida e homoxénea, real ou virtual
Nos fakes é a ficción a que se fai pasar por verdade, nunca ao revés. Cando alguén pretende redactar unha mensaxe de ficción, é lóxico que se sirva dos recursos da ficción. O primeiro é preparar o terreo coa visión cínica de que a verdade é unha milonga e a afirmación de que algo é certo agocha un xogo de poder, un intento de facer valer os privilexios ou intereses de quen o afirma. Para iso serve o desprestixio das institucións, non só políticas senón culturais, nomeadamente a autoridade do pensamento científico. A partir de aí estúdase o momento axeitado para botar a cana, sabendo que o público máis receptivo é o vulnerábel e que os bulos funcionan mellor cando se dirixen a unha comunidade restrinxida e homoxénea, real ou virtual. Parece contra-intuitivo que a xente prefira a mentira á verdade pero un narrador diríavos que ese é o pan de cada día, para iso está o oficio. Así que coñecemos os mecanismos da ficción, raro é que alguén prefira a prosa de Diario Oficial a un conto de fadas.
A verdade é complexa, a ficción é simple. A verdade dá traballo e pode ser dolorosa, a ficción é reconfortante. A verdade é fría e aséptica, a ficción é cálida e afectiva. A verdade é anódina, a ficción é máxica. A verdade é provisional, a ficción é definitiva. A veracidade informativa é cara, a ficción é barata. A verdade conleva aceptación da autoridade de quen dispón de coñecemento contrastado, a ficción ofrece protagonismo e participación. A verdade remite á razón, a ficción remite aos desexos. A verdade tende a decepcionar, a ficción tende a euforizar. A verdade inclúe mecanismos de comprobación e corrección externos, a ficción é endogámica, xustifícase a si mesma. A verdade é ensaística, a ficción é fabuladora. A verdade é dato, a ficción é relato. A verdade é inabarcábel e require fontes e contexto, a ficción crea as fontes e altera o contexto para construír un ecosistema alternativo. Na verdade o emisor responsabilízase do dito, na ficción disimúlase. Na verdade prima a evidencia, na ficción prima a elocuencia. A verdade favorece o distanciamento crítico, a ficción favorece a identificación cega. A verdade aspira a conectarse, a ficción preséntase illada e excepcional, coma un segredo.
A verdade é complexa, a ficción é simple. A verdade dá traballo e pode ser dolorosa, a ficción é reconfortante. A verdade é fría e aséptica, a ficción é cálida e afectiva. A verdade é anódina, a ficción é máxica. A verdade é provisional, a ficción é definitiva. Que credes que vai elixir a xente, a dor de cabeza ou o analxésico?
A escrita das fake news mimetízase coa dos medios responsábeis imitándoa no formato. A parte impactante da mensaxe, coa que se quere modelar as crenzas e actitudes no debate político e provocar desafección polo rival, sitúase ao comezo do texto, respondendo aos patróns de lectura e atención habituais, que fan que o texto vaia perdendo intensidade a medida que avanza. Válese dunha prosa trufada de frases e parágrafos curtos, o corpo enteiro da noticia adoita ser curto, con menos subordinadas e vocabulario restrinxido, sen cultismos, con máis adverbios e adxectivos: a proliferación de adxectivos é un índice de diminución da densidade informativa, máis marcadores de énfase ou maiúsculas, máis pronomes de 1ª e 2ª persoa, máis verbos en tempo presente, máis oracións impersoais e pasivas sen axente: “dise”, “é coñecido como”, máis apelacións directas a quen le ou escoita, máis xuízos de valor intercalados, máis hipérboles e aumentativos, máis repetición dramática ou machacona, referencias á cultura popular, chistes e calembours, expresións de desafío ou alarma, ferintes.
Que credes que vai elixir a xente, a dor de cabeza ou o analxésico?