Ao longo deste xoves 25, a empresa comezará a traballar retirando os residuos acumulados nos últimos días
O Concello da Coruña encargou a Valoriza a recollida de lixo nas rúas da Coruña mentres dure a emerxencia sanitaria decretada este luns. Ao longo deste xoves 25, a empresa comezará a traballar retirando os residuos acumulados nos últimos días.
Este mércores finalizou ás 10 horas o prazo de presentación de ofertas para acceder á prestación deste servizo. O Goberno local recibiu dúas ofertas, entre as que seleccionou a de Valoriza pois "entre outros requisitos, contaba cos medios para comezar o servizo de forma inmediata".
O Goberno local recibiu dúas ofertas, entre as que seleccionou a de Valoriza pois "entre outros requisitos, contaba cos medios para comezar o servizo de forma inmediata"
A empresa achegará un mínimo de 13 vehículos e 32 operarios para abordar os traballos, que comezarán polos puntos identificados con maior acúmulo de residuos e nos lugares máis sensibles, como na contorna dos centros de saúde.
Nas últimas semanas, no marco do conflito que a cidade mantén co comité de empresa do servizo de recollida de residuos, controlado polo sindicato STL, 125 contedores foron queimados, cun custo total aproximado de 375.000 euros. Varios afiliados ao STL foron identificados pola Policía preto dos lugares nos que se provocaron os incendios, que afectaron tamén a vehículos estacionados na rúa e tamén ás fachadas de varios comercios e negocios.
Nas últimas semanas, no marco do conflito que a cidade mantén co comité de empresa do servizo de recollida de residuos, controlado polo sindicato STL, 125 contedores foron queimados, cun custo total aproximado de 375.000 euros
O conflito do lixo na cidade, iniciado nos días próximos á festa de San Xoán, está a piques de chegar a un mes de duración. Enormes cantidades de residuos acumúlanse nas rúas nunha situación na que máis importante que unha folga intermitente convocada polo sindicato STL son as outras medidas de presión aplicadas por este sindicato, dende unha sucesión de baixas médicas ou a posta en marcha de folgas de celo.
Nos últimos días, malia non estar convocada folga ningunha, a porcentaxe de lixo recollida diariamente seguiu a ser mínima. Na noite do martes para o mércores, por exemplo, apenas se recolleu o 10% en moitos barrios da cidade (Monte Alto, Os Rosais, Labañou, Sagrada Familia, Os Castros, Matrogrande...), chegando ao 15% en Elviña ou Riazor, ao 20% nos Mallos ou O Castrillón e ao 25% no Ventorrillo e A Agra do Orzán. Tan só na Pescaría se recolleu o 100%.
Esta última noite apenas se recolleu entre o 10% e o 20% dos residuos na maior parte da cidade, como vén sendo habiutal nas últimmas semanas, malia non estar convocada folga
Este martes a empresa concesionaria do servizo de recollida, Prezero, comunicou a imposición aos traballadores de 29 sancións graves, que supoñen suspensión de emprego e soldo de 6 a 10 días, en función do número de infraccións cometidas. Ademais, abriu dez novos expedientes disciplinarios por faltas moi graves. O número de expedientes disciplinarios abertos dende o inicio das accións de presión do STL supera xa os cen, por distintos motivos: accidentes de traballo fraudulentos, baixo rendemento ou ausencias non xustificadas.
Este martes a empresa concesionaria do servizo de recollida, Prezero, comunicou a imposición aos traballadores de 29 sancións graves, que supoñen suspensión de emprego e soldo de 6 a 10 días. O líder do STL anima a "resistir"
O líder do STL, Miguel Ángel Sánchez, pediu nunha asemblea aos seus afíns que "resistan", sinalando que o conflito será "longo" e afirmando que "a resistencia non nos gaña ninguén, nin o Concello, nin os partidos políticos". Cómpre lembrar que o Sindicato de Trabajadores de la Limpieza (STL), unha organización cuxos dirixentes están a ser investigados por unha presunta trama de corrupción e que protagonizou nos últimos anos conflitos semellantes a través de folgas (declaradas e encubertas).
O pasado venres a alcadesa Inés Rey subliñou que "é imprescindible actuar con firmeza e determinación ante o que está a ser unha chantaxe á cidade", destacando que a folga impulsada polo STL non está centrada "nos dereitos dos traballadores". "O máis cómodo sería ceder, como se fixo os últimos 18 anos, retirar as sancións e volta a empezar", dixo a rexedora, que critica "prácticas de carácter violento que poñen en risco á cidade" e manifesta "todo o apoio" ao persoal que "vive nun réxime de medo" por non secundar o STL.