A pasada semana o BNG presentoulles a PP e PSdeG a súa proposta de declaración institucional, que atopou de inmediato o apoio do socialistas, pero non o dos populares, o que impediu a súa aprobación. Este mércores o Bloque fixo público o contido da declaración e denunciu a negativa do PP a apoiar ou mesmo debater o texto
Nas últimas semanas a adquisicíón nos Estados Unidos dun bebé a cargo de Ana García Obregón (fecundado nun ventre de alugueiro co seme do seu fillo falecido recentemente) situou no centro do debate público a situación legal e ética desta práctica, que neste momento é ilegal en España pero se permite en moitos países. O PP abriu a porta a legalizar a xestación subrogada sempre que non exista contraprestación económica, uníndose á posición de Ciudadanos, o partido que máis impulsou a regulación desta actividade.
Dende a esquerda, en cambio, a posición maioritaria é dun absoluto rexeitamento a esta práctica -con pagamento ás nais ou altruísta- e son moitas as voces que reclaman un cambio normativo que impida o rexistro dos nenos e nenas adquiridos no estranxeiro, como pretende facer Ana Obregón a través dunha sentenza de filiación.
O texto proposto polo BNG rexeitaba a práctica dos "ventres de alugueiro" por constituír "unha forma de explotación e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente daquelas máis empobrecidas e vulnerábeis". Ademais, opoñíase a "calquera mudanza legal encamiñada a legalizar, regulamentar ou banalizar esta práctica"
Hai uns días o BNG xa anunciou que ía buscar un pronunciamento dos grupos do Parlamento galego sobre esta cuestión a través dunha declaración institucional que rexeitase a legalización dos ventres de alugueiro. Pouco despois o presidente Alfonso Rueda amosou unha posición ambigua, sinalando que "non é un asunto sinxelo" e rexeitando a práctica se existe algún pagamento á nai, pero rexeitando "dar unha opinión categórica" se no proceso non mediaba unha contraprestación económica.
O martes da pasada semana o Bloque presentoulles a PP e PSdeG a súa proposta de declaración institucional, que atopou de inmediato o apoio do socialistas, que engadiron algunha achega ao documento, pero non o dos populares, o que impediu a súa aprobación. Este mércores o Bloque fixo público o contido da declaración e denunciu a negativa do PP a apoiar ou mesmo debater o texto.
O texto proposto polo BNG rexeitaba a práctica dos "ventres de alugueiro" por constituír "unha forma de explotación e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente daquelas máis empobrecidas e vulnerábeis" que supón ademais "considerar as nenas e nenos como unha mercadoría". Ademais, opoñíase a "calquera mudanza legal encamiñada a legalizar, regulamentar ou banalizar esta práctica".
A deputada do BNG Olalla Rodil criticou a "actitude" amosada polo PP nesta cuestión e acusou os populares de "intentar boicotear a aprobación da declaración institucional dando a calada por resposta"
A deputada do BNG Olalla Rodil criticou a "actitude" amosada polo PP nesta cuestión e acusou os populares de "intentar boicotear a aprobación da declaración institucional dando a calada por resposta, impedindo que o Parlamento se posicione sobre unha cuestión que é fundamental, que está xerando un profundo debate social e político e que afecta directamente os dereitos humanos, os dereitos das mulleres e os dereitos da infancia". Rodil destacou que nos últimos chamou por teléfono en tres ocasións aos representantes do Partido Popular e afirmou que este mesmo mércores recibiu a resposta de que o texto proposto nin sequera fora analizado.
"Nunha cuestión de tanta relevancia social hai que posicionarse de maneira clara e rotunda", sinalou Rodil, que concluíu que "as mulleres non somos ventres que se poidan alugar e as nenas e nenos non son un produto que poidamos mercar".
"As mulleres non somos ventres que se poidan alugar e as nenas e nenos non son un produto que poidamos mercar", sinalou Rodil
A deputada nacionalista, que anunciou que a súa formación volverá traer este tema ao Parlamento, afirmou que "no BNG temos claro que a maioría das galegas e dos galegos está en contra desta práctica que supón a explotación dos corpos das mulleres, especialmente das mulleres máis empobrecidas dos países do terceiro mundo e que reduce as mulleres e crianzas a unha mercadoría que pode ser comprada, vendida ou alugada".
"Preguntámonos dende o BNG se o PP está de acordo en que os corpos das mulleres poden ser alugados. E se este silencio significa que está de acordo con que poidamos mercar nenas e nenos coma quen selecciona produtos nun catálogo", engadiu Rodil, que en cambio agradeceu o apoio "dende o primeiro momento" do PSdeG-PSOE
"Preguntámonos se o PP está de acordo en que os corpos das mulleres poden ser alugados. E se este silencio significa que está de acordo con que poidamos mercar nenas e nenos coma quen selecciona produtos nun catálogo", engadiu
A proposta do BNG apoiábase nunha declaración do Parlamento europeo ao respecto que sinala que "a práctica da xestación por substitución é contraria á dignidade humana da muller, xa que o seu corpo e as súas funcións reprodutivas empréganse como unha materia prima" e que afirma que “debe prohibirse esta práctica que implica a explotación das funcións reprodutivas e a utilización do corpo con fins financeiros ou doutro tipo, en particular no caso das mulleres vulnerábeis nos países en desenvolvemento”.
E conclúe que "estamos diante dun debate profundamente ético que atinxe aos máis elementais dereitos de dignidade das mulleres e das crianzas e desbotamos os intentos de limitar o debate ao terreo medicinal e a un suposto alcance de mera técnica de asistencia para a reprodución".